Con todo o sabor da UNED
29 de enero de 2025
A Universidade ten aberto ata o 16 de marzo o prazo para presentar recetas que concursarán no XII certame GastroUNED, dedicado este ano a salientar a figura do escritor Blasco Ibáñez.
OURENSE, 29 de xaneiro de 2025. A UNED convoca a duodécima edición do seu Certame GastroUNED, que nesta ocasión servirá de homenaxe a Vicente Blasco Ibáñez (Valencia, 1867-Menton, Francia, 1928), un dos escritores españois máis coñecidos e recoñecidos internacionalmente. Autor moi prolífico, ademáis dos seus éxitos mundiais e dos seus libros de viaxes, é recordado con cariño polas súas novelas de ambiente valenciano, como Arroz y tartana, Cañas y barro ou La barraca. Estas dúas últimas foron convertidas en exitosas series de televisión, a finais dos anos 70 do pasado século. Cultivou tamén unha apaixonada faceta política, chegando a ser nomeado Deputado a Cortes por Valencia.
As bases son as seguintes:
- A receta enviada a concurso estará vencellada con algunha das súas obras: La Barraca ou Cañas y barro.
- Valorarase que a receta sexa novedosa e orixinal, de carácter persoal. Deberá estar elaborada con produtos que se encontren habitualmente no mercado.
- O espazo da receta deberá axustarse ao tamaño da ficha que se encontra na seguinte ligazón . Na ficha deberá incluirse o título da receta, os ingredentes, a elaboración, unha explicación da súa relación coa lectura elexida e unha breve biografía do autor así como os seus datos personais. Todos os campos son obrigatorios.
- Se a receta resultase escollida polo xurado, pedirase unha foto da mesma. Con todo, recoméndase que se inclúa na receta enviada a concurso.
- Só serán admitidos arquivos en Word.
- O prazo de presentación estará aberto ata o 16 de marzo de 2025.
- As recetas enviaranse á seguinte dirección electrónica: lacocinadelauned@adm.uned.es
- Concederanse dous premios:
- O primeiro, de 500 euros.
- O segundo consistirá nun lote de produtos dos patrocinadores.
- Os premiados e unha selección de participantes realizada polo xurado, obterán 0,5 créditos ECTS.
- O premio económico estará suxeito á fiscalidade vixente.
- A UNED resérvase o dereito de publicar (edición en papel e/ou edición dixital) as recetas gañadoras e seleccionadas en calquera data a partires do fallo. O autor non percibirá cantidade algunha en concepto de dereitos de autor pola primeira edición.
- Todo aquelo non previsto nestas bases quedará sometido ao criterio do xurado. El fallo do xurado farase público, a través da páxina Web da UNED.
- As recetas seleccionadas polo xurado aparecerán na páxina Web do Club de Cultura de la UNED.
- A participación neste premio supón a plena aceptación das bases.
UNED Ourense
Comunicación