OURENSE, 17 de xuño de 2024. O acceso en coche a UNED Ourense recobra a normalidade. E o mesmo o acceso desde o centro universitario cara o centro da cidade. As obras de mellora do pavimento na rampa principal da urbanización Torres do Pino rematou e o mesmo parece suceder coa reforma do carril da N-120 que desde esta urbanización permite, subindo a rampa e xirandoá dereita, acceder á cidade. Foron poucops días de traballos que devolveron a normalidade aos accesos a UNED Ourense. A comunidade de veciños apurou a mellora de pracas na rampa e a brigada que traballou no carril da N-120 fixo o propio para asegurar o estado dese vieiro.
Así evitamos acceder polo Camiño do Balneario que, como acceso provisional en situacións de obras, agradécese, e así prestou servizo durante toda a semana pasada. A Dirección agradece a paciencia que todos tivemos para non deixar de prestar servizo mentras se desenvolveron as obras. Aínda que nesta época do curso, tras os exames de mayo-xuño, non hai titorías pero rexístrase volume de persoas que acoden ás oficinas de UNED Ourense para consultar sobre matrículas, becas, convalidacións, traslados de expediente e numerosos aspectos máis propios da xestión universitaria.
E o servicio de bus urbano tamén retoma a normalidade, no seu percorrido cara o centro de Ourense, parando de novvo a carón da entrada cuberta das Torres do Pino.
UNED Ourense
Comunicación