Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Martín Aranda: "Temos en común a responsabilidade de protexer e desenvolver a actividade investigadora na universidade española".

12 de junio de 2024

A vicerreitora Primeira da UNED acolleu, xunto ao presidente da Comisión de I+D+i da Conferencia de Reitores e Reitoras de Universidades Españolas (CRUE), ademáis do secretario xeral de Universidades, o Pleno sectorial que abrangue a todos os vicerreitores de Investigación do noso país. 

OURENSE, 12 de xuño de 2024. A UNED acolleu hoxe o Pleno da Comisión Sectorial de I+D+i da Conferencia de Reitores e Reitoras das Universidades Españolas (CRUE). A sesión, celebrada no salón de actos da Facultade de Educación da UNED foi inaugurada por Julián Garde López-Brea, presidente deste sector e reitor da Universidade de Castilla-La Mancha, xunto a Rosa María Martín Aranda, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Divulgación científica da UNED, e Francisco García Pascual, recén nomeado secretario xeral de Universidades do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

García Pascual afirmou que o seu obxectivo era facer política para transformar o sistema universitario, “non o digo con retórica, senon que o creo”. Insistiu tamén na oportunidade de relanzar a investigación nas universidades, “nós temos que confabular entre as administracións e as universidades para visibilizar esta actividade”. Neste sentido, o secretario xeral enumerou os retos de futuro: desenvolver a lexislación aprobada, reducir as trabas burocráticas para atraer e reter o talento, internacionalizar a investigación impulsando a colaboración entre grupos de investigación españois e estranxeiros, relacionar a investigación co texido produtivo para que sexa útil para a sociedade, difundir a investigación e concienciar a todo o sistema universitario de que, xunto á docencia, os profesores universitarios deben ter tempo de calidade para investigar porque “sen investigación non hai universidade”.

En 2022 as universidades españolas, públicas e privadas, dispuxeron de 1.803 millóns de euros para dedicalos á investigación, o 14% do orzamento total (máis de 12.800 millóns). Desa cantidade, máis da mitade, 932 millóns, viñeron da administración do Estado. No presente ano 2024 o orzamento global das universidades subiu a 14.000 millóns de euros.

Pola súa banda a vicerreitora da UNED, Rosa Martín, deulles a benvida en nome do reitor, Ricardo Mairal, e dos 1.400 docentes permanentes que compoñen esta universidade. Martín Aranda recordou que ela e os seus colegas reunidos "temos en común a responsabilidade de protexer e desenvolver a actividade investigadora na universidade española. A xeración de coñecemento mediante o método científico é, sen dúbida, o factor diferencial que nos fai universidade, a diferencia de outros enfoques baseados exclusivamente na transmisión do saber. É por isto, polo que a reunión de hoxe e o traballo de cada ún cobra unha dimensión especial e suxírenos superar a rutina do sabido para aportar ese punto de enerxía extra que convirte o cotiá ien proveitoso".

A directora xeralde Planificación e Coordinación de Transferencia do Coñecemento, Elisa Rivera, falou sobre "Prioridades da política de Transferencia", moderada polo presidente de CRUE I+D+i, D. Julian Garde.

A vicerreitora da UNED trazou un esquema da situación da actividade investigadora da universidade de todos coñecida, salientando como puntos significativos os seguintes:

  • As entidades de educación superior aportan o 27% do gasto nacional en I+D.
  • As universidades españolas xeran o 77% das publicacións científicas, contribuíndo significativamente a manter a posición 12 no ranking mundial.

  • As universidades, no seu conxunto, lograron unha significativa cifra de financiación internacional que cubre o 23% do seu financiamento externo. 

  • A produción científica emerxente (fundamentalmente Ciencias Sociales, Arte e Humanidades) duplicouse nos últimos dez anos. 

  • Os rexistros de software e contidos dixitais creceron significativamente, un 30% en 2021.

E, no lado menos optimista Martín Aranda chamou a atención acerca destes aspectos: 

  • Que a colaboración con terceiros en I+D , segue sendo minoritaria, aínda que aumentara un 5,16% respecto do ano 2020.
  • Que a cifra de acordos de propiedade industrial e de creación de spin-off seguen descendendo.

 

 Así advertiu que "tenemos unha decisiva actividade que debemos coidar e manter, ao tempo que abordamos importantes desafíos", entre os cuais citou: 

  1. Colaborar coas administracións públicas para dar estabilidade e facer previsibles as convocatorias de axudas ao financiamento. 
  2. Incrementar a colaboración en I+D+i co sector privado, tanto de empresas como de colectivos e asociacións.

  3. Reducir a carga burocrática aos nosos investigadores, acadando o máximo do 10% de dedicación a tarefas de xestión.
  4. Aumentar a actividade internacional para captar máis encargos e financiamento, exportar ciencia, que, como decía o profesor da Universidade de Alcalá, Julio Álvarez-Builla, “non consiste en exportar científicos”.
  5. Facer unha parte da investigación máis transferible, orientada aos retos sociais e económicos da nosa sociedade.

 

A modo de conclusión, a vicerreitora da universidade anfitriona deste Pleno sectorial da CRUE lanzou as seguintes preguntas: "Será a colaboración entre universidades a fórmula para abordar obxectivos e desafíos? ¿Debemos plantexarnos compartir recursos, crear servizos conxuntos, desenvolver procedementos unificados que sen facernos perder identidade nin fortaleza a cada universidade, permita superar as nosas limitacións e facernos avanzar no propósito de facer máis e mellor ciencia nas nosas universidades?

UNED Ourense

Comunicación

 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es