OURENSE, 18 de decembro de 2020.- As experiencias de transferencia de técnicas de Intelixencia Artificial á empresa é o tema tratado por Anselmo Peñas, catedrático de Universidade, do Grupo de Procesamento da Linguaxe Natural na ETSI Informática da UNED, dentro do seminario de IA que organiza en Ourense nosa Universidade co apoio económico do Vicerreitorado de Investigación e Transferencia do Coñecemento. Este seminario se emite desde o Centro de Intelixencia Artificial de Ourense.
Peñas referiuse á innovación na empresa co dilema da innovación nas PEMES, se comprar a innovación ou desenvolvela, ou se hai demasiadas barreiras, incerteza ou demasiado risco. “E o risco de non facelo? Podemos facelo de maneira natural, gradual, sen apenas risco, pero sós non, con amigos si”, sinalou o relator. Destacou o catedrático da UNED que en transferencia de resultados en IA está a transferencia de coñecemento e resultados de investigación, un dos obxectivos fundamentais do Centro IA de Ourense, e desde este así como desde as Universidades adscritas promóvese a transformación dixital das empresas, o acceso a fontes de financiamento públicas e privadas, a recepción de investimentos sen esquecer que a IA é innovación e é transformación dixital.
Declarou Anselmo Peñas que a innovación dixital baseada en IA reporta beneficios para unha PEME, achegándolle autonomía e resiliencia así como automatización, conlevando redución de custos nos procesos da empresa, capacidade de toma de decisións a partir de grandes volumes de datos; transformación dixital dos modelos de negocio, venda da innovación a terceiros con procesos similares aínda que sexan sectores económicos diferentes; desenvolvemento e venda de novos produtos con compoñente dixital no mesmo sector económico. “Un camiño cara á transformación dixital da empresa inclúe arrincar un novo departamento de innovación de maneira gradual, solucións á propia empresa, venda de solucións propias a terceiros; desenvolvemento de novo produto. Arrincar un novo departamento de innovación na empresa? Estamos tolos? Polo menos un técnico a tempo parcial, depositario do novo know- how, apoio administrativo e dirección involucrada na selección de casos de uso e posibles proxectos. Pero con que recursos? Con que garantías?” pregúntase o doutor Penas. En canto ao acceso ao financiamento público e privado sinalou:
préstamos a moi baixo interese con varios anos de carencia (>60% do orzamento do proxecto)
Xeración de resultados
Memoria de investigación
Colaboración Universidade-Empresa
No que se refire á colaboración Universidade – Empresa, Anselmo Peñas relatou que gaña a empresa porque se desenvolve a investigación con metodoloxía adecuada: obxectivos, preguntas de investigación, plan de traballo, experimentación, análise de resultados, emisión de conclusións, etc. “Non é o mesmo desenvolver produto que investigar”, advirte o relator. Tal colaboración permite, ademais, acreditar a investigación #ante o organismo que financia o proxecto, transferencia de coñecemento, non de servizos, non de produtos. “A Universidade é a única entidade que realiza este labor. Ninguén vende o seu propio know- how e a empresa mantén e gaña autonomía coa incorporación gradual de know- how. Tamén gaña a Universidade pois aparecen novos casos de uso, novas aprendizaxes, novo coñecemento, etc. E a fonte de financiamento. Hai vías para formalizar esa colaboración Universidade – Empresa: a través da Oficina de Transferencia da Universidade ( OTRI), mediante a modalidade de contrato ao amparo do artigo 83 da LOU. “A Universidade realiza a xestión económica e un profesor da Universidade responsabilízase como Investigador Principal. Este firma o contrato en nome da Universidade co visto e prace do seu departamento, selecciona os colaboradores adecuados e decide contratacións de persoal externo se é necesario; supervisa o desenvolvemento do proxecto e executa o orzamento.
A colaboración Universidade-Empresa ten unhas fases:
4. Desenvolvemento do proxecto
5. Transferencia de coñecemento
6. Memoria de investigación (formará parte da xustificación das axudas recibidas)
Para acreditar investigación
Anselmo Peñas falou de tres exemplos concretos de colaboración de empresas coa UNED no ámbito de IA. O primeiro versa sobre Optimización da oferta de tarifas hostaleiras a meta-buscadores. A xustificación e alcance do proxecto baséase en que os usuarios utilizan meta-buscadores para seleccionar un hotel e os meta-buscadores cobran aos provedores por cada click (nunha especie de poxa con prezos variables).
Obxectivos do proxecto:
Optimizar a interacción co meta-buscador
Predicir o custo dunha oferta (clicks)
Predicir a categoría de hotel que satisfai a procura dun usuario
Predicir se o usuario completará a transacción
Metodoloxía
Determinar que técnicas de Aprendizaxe Automática
Recoller unha colección significativa de datos para adestrar e avaliar
Recoñecer a importancia dos datos, cambiar os procesos da empresa
Caracterizar as consultas para poder realizar a predición
Determinar os criterios para medir a mellora
Implementar un prototipo para avaliar que métodos e técnicas dan mellores resultados
Avaliar o prototipo nunha contorna real de explotación e decidir a súa futura posta en produción
O segundo exemplo é sobre Detección automatizada de contas falsas en redes sociais. Trátase dunha plataforma que facilita a PEMES xestionar as súas redes sociais e márketing on- line. Con todo, existen contas falsas automatizadas que distorsionan a rede do cliente. O obxectivo é detectar contas falsas na rede social do cliente. Iso, a curto prazo permitiría ter un perfil das contas e coñecer o efecto real dunha campaña, filtrar fontes non cribles de información e identificar os destinatarios de verdadeiro interese. A medio prazo permite novos produtos para avaliar a confianza dunha conta e da información que difunde. E a longo prazo permite o desenvolvemento de novos produtos que neutralizasen información falsa ou tóxica que se pretende difundir a través da rede social do cliente. Subliñou o catedrático da UNED que investigar é responder preguntas que guíen o desenvolvemento:
O terceiro caso de colaboración Universidade-Empresa relaciónase coa Interpretación automatizada da linguaxe natural para operar con modelos de información en construción .
Solucións para poder utilizar modelos BIM na execución dunha obra
Modelar os elementos contextuais que interveñen na comunicación dos operarios co sistema. Determinar a representación destes elementos para que poidan ser utilizados na interpretación da linguaxe.De acordo co modelo anterior, trátase de crear coleccións de datos para o adestramento e a avaliación de diferentes algoritmos. De seleccionar as métricas adecuadas para avaliar as distintas aproximacións. Determinar de que maneira pódese automatizar a creación de dicionarios que relacionen o vocabulario dos operarios coa nomenclatura utilizada nos modelos BIM. Estudar de que maneiras poderían representarse os modelos BIM para mellorar a interpretación da linguaxe. Probar diferentes, representacións, dicionarios, métodos e técnicas para traducir a linguaxe do operario ao modelo BIM e comparar resultados e emitir conclusións finais.
Esquema común
Para seguir en diferido o relatorio, premar aquí.
UNED Ourense
Comunicación