OURENSE, 12 de marzo de 2024. UNED Ourense volve celebrar na cidade o Curso de Introdución á Paleografía. Terá lugar do 22 ao 26 de abril e constará de 15 horas lectivas con dereito a 0,5 créditos ECTS. O seu desenvolvemento farase nas instalacións do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, centro de referencia nacional, froito da súa colaboración coa UNED. Os que se matriculen terán acceso a transcribir documentos que son xoias do noso patrimonio arquivístico. Así, o Arquivo servirá en cada xornada unha escolla de documentos que espertarán, como o ano pasado, o interese dos participantes.
O curso será enliña e tamén presencial, axustado ao seguinte programa:
Luns, 22 de abril
Ambas as sesións terán como docentes aos doutores Irene Pereira García e Adrián Ares Legaspi, da Facultade de Historia da UNED.
Martes, 23 de abril
Mércores, 24 de abril
Xoves, 25 de abril
Venres, 26 de abril
Nesta segunda edición optouse por manter o curso introductorio, que levará aos estudantes por documentos distintos aos da pasada edición. Poderá seguirse tanto presencialmente como en liña.
Os ponentes son todos eles profesionais da Paleografía:
Este curso está orientado a calquera persoa interesada na historia da escritura na Idade Media, tanto estudantes da UNED –independentemente do grao– como membros externos. Para a súa realización non se require un coñecemento previo no ámbito da Paleografía nen nas fontes escritas do periodo medieval.
O seu obxectivo principal é que os estudantes coñezan de maneira sucinta e xeral –para moitos como contacto por primeira vez– os principais modelos gráficos empregados na Península Ibérica no periodo cronolóxico1000-1600. Ademáis de analizar os aspectos formais da escritura, familiarizaranse con algúns conceptos da diplomática como os de notariado e escribáns, notarías e cancillerías ou cos principais tipos de documentos confeccionados na época.
En cada sesión impartirase unha hora de teoría e dúas de práctica, orientada á lectura e transcrición dos documentos correspondentes ás explicacións teóricas da mesma; a excepción da última sesión, destinada únicamente a actividades prácticas. Para ello, al inicio del curso, los estudiantes recibirán un dossier con todo el material necesario para el desarrollo de las clases prácticas, así como cualquier otro material complementario.
Para finalizar o curso obtendo o diploma acreditativo, os matriculados deberán transcribir un documento –ou unha parte do mesmo– proposto polos docentes para a súa corrección. O exercicio versará sobre un dos tipos de escritura traballados no curso. Desta forma, evaluaranse os coñecementos adquiridos polos estudantes tra-las impartición do curso e daráselles a calificación de apto ou non apto.
Matrícula
Os prezos da matrícula son de 65 euros a ordinaria; 55 euros para estudantes UNED e outros, e 45 euros para persoas en situación de desemprego.
Nesta iniciativa colabora a Xunta de Galicia,e impacta no Objxectivo de Desenvolvemento Sostible número 4, dedicado á educación de calidade.
Podes matricularte pinchando aquí.
UNED Ourense
Comunicación