OURENSE, 10 de marzo, de 2023. O Subdelegado de Defensa en Ourense, coronel Jesús Antonio Peñas Peckler, realizou esta mañáa unha visita institucional a UNED Ourense. Foi recibido polo Director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, e pola secretaria, María Concepción Álvarez Gómez. O director presentoulle ao persoal que nesee momento se atopaba no Centro para logo manter unha reunión no seu despacho. O Subdelegado de Defensa é licenciado en Xeografía e Historia pola UNED. Na reunión ambas as dúas institucións intercambiaronse presentes oficiais e tanto Peñas como García exploraron liñas de colaboración para futuras accións formativas conxuntas. A UNED ten un dos seus centros de investigación relacionado coas Forzas Armadas, trátase do Instituto Gutiérrez Mellado, un centro de investigación e docencia especializado en cuestións relacionadas coa búsqueda da paz, a seguridade e a defensa, que Peñas Preckler coñece.
Tras este encontro o director e o coronel percorreron as dependencias de UNED Ourense para enseñarlle o Centro ao Subdelegado de Defensa, quen se mostrou interesado en coñecelo. ver as súas aulas de tutoría, os laboratorios, a Biblioteca Xeración Perdida... Non é a primeira vez que UNED Ourense colabora tanto con Defensa como co IGM en accións formativas. O director ourensán comunicoulle o interese en deseñar accións neste senso con temas atraíntes para a sociedade. O mesmo interese que demostra o Subdelegado de Defensa, que se está asentando en Ourense despois da súa toma de posesión a finais do pasado ano.
"Aquí ten vostede a súa casa, que non lle é allea", dixo García Díaz a un veterán militar que ten a dous membros da súa familia estudando tamén na UNED. Tras algo máis de unha hora de encontro, ambos os dous despedíronse deixando constancia da excelente relación de amizade e colaboración.
UNED Ourense
Comunicación