Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense celebra este mes un curso de achega teórica e práctica á violencia obstétrica

3 de febrero de 2021

Terá lugar os días  17, 18 e 19 coa emisión en liña das sesións desde o Centro Asociado

OURENSE, 3 de febreiro de 2021.- Este curso quere realizar unha introdución ao concepto e realidade da Violencia Obstétrica, ofrecendo unha aproximación teórica e práctica que leve tamén á reflexión acerca da necesidade da súa visibilización e prevención para sandar e cambiar cara a un paradigma médicoasistencial que coide ás mulleres e os seus bebés nun momento tan importante como o embarazo e parto. Celebrarase do 17 ao 19 en liña. Consta de 30 horas lectivas e ofrece 1,5 créditos ECTS, que se están tramitando.

As sesións serán online de acordo co seguinte programa:

O mércores, día 17, Andrea Rodríguez Freire, psicóloga xeral sanitaria e psicóloga perinatal, disertará, de 09.30 a 11.30 horas, sobre A Violencia Obstétrica como Violencia de Xénero, definición do concepto, marco teórico desde o que se define, dereitos da muller e a infancia, perspectiva de xénero e repercusión social, lexislación. Definición violencia de xénero, definición Violencia Obstétrica, activismo, dereitos da muller, infancia. Tras ela falará Iria Carnoto Figal, psicóloga xeral sanitaria e psicóloga perinatal. O seu relatorio versará sobre Acompañamento, parto normal vs parto traumático, modelo médico asistencial, o acompañamento ao parto na actualidade

Pola tarde, desde as 16.30 a 18.30 horas, Natalia Guedella Sebastián, psicologa certificada en Saúde Mental Perinatal, falará do Modelo xerárquico, burnout, perspectiva de xénero. Tras este relatorio a mesma docente comezará outra para explicar as Consecuencias para a nai, bebé, parella e profesionais. Consecuencias a curto, medio e longo prazo. Parto traumático, trauma bicario efectos separacion nai-bebé. Psicopatoloxía do posparto asociada á Violencia Obstétrica: TEPT, DPP, ETIQUETA, disociación. Vivencia do trauma, trauma bicario, separación nai bebé. Repercusións na sexualidade.

O xoves, 18, María Begoña Pérez Vázquez, enfermeira especialista en xinecoloxía e obstetricia (matrona), intervirá ás 09.30 para expoñer as consecuencias profesionais. E ás 11.30, ata as 13.30 horas desenvolverase unha mesa redonda titulada Prevención da violencia obstétrica. Grupos de apoio persoal sanitario, humanizar a atención, protocolos, formación, supervisión, cambiar paradigma... Intervirán Andrea Rodríguez, María Begoña Pérez e Elena Gil Rodríguez, traballadora social e representante en Galicia da asociación O Parto é Noso. Xa pola tarde, Natalia Guedella falará de Intervención: Ámbito social.

A última xornada, prevista para o venres, 19, iniciarase cunha intervención de Cristina Fariñas Lema, psicóloga xeral sanitaria, psicoloxía perinatal, especialista en cambios e emocións durante o embarazo, soño infantil; terapia EMDR, psicoterapia así como en igualdade de xénero en contornas laborais, asistencia a mulleres vítimas de violencia de xénero. Falará durante toda a mañá achega do tratamento coa técnica EMDR, psicoterapia, factores de protección, duelos

E pola tarde, Ana María García Fernández, avogada, responsable de FEMLEGAL, despacho especializado en dereitos as mulleres, igualdade e violencia de xénero, referirase ao asesoramento xurídico dentro do marco legal contra este tipo de violencia.

Matrícula

A matrícula con modalidade de COLEXIADOS é para profesionais colexiados no ámbito sociosanitario e xurídico (Enfermería, Educación Social, Traballo Social, Psicoloxía, Medicina, Dereito etc). Para confirmar a matrícula teñen que enviar copia do carné profesional ou certificado do colexio profesional ao correo: cursos@ourense.uned.es A matrícula modalidade ESTUDANTES é para estudantes distintos ao ámbito da UNED (Universitarios, Ciclos FP, etc). Para confirmar a matrícula teñen que enviar copia da matrícula do curso 2020-2021 ao correo: cursos@ourense.uned.es. O prezo da matrícula ordinaria é de 70 euros; o de estudantes UNED, así como o de colexiados e outros estudantes, é de 50 euros.

Este curso está dirixido por Ana Lisbona Brañuelos, profesora contratada doutora na Facultade de Psicoloxía UNED, no Departamento de Psicoloxía Social e das Organizacións. O coordinador é o profesor titor de Psicoloxía en UNED Ourense, Miguel Guerra Rodríguez

Para matricularte tes de prazo ata o venres, 5 de febrerio e podes facelo pinchando aquí.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es