Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Venezolanos de Celanova coñeceron a UNED de perto

7 de febrero de 2019

O colectivo está preocupado por completar a formación adquirida no seu país ou comezar novos proxectos personais na Universidade

OURENSE, 7 de febreiro de 2019.- Membros da comunidade venezolana residente en Celanova coñeceron o proxecto de educación superior que ofrece a UNED nun acto que baixo o título Que é a UNED?, tivo lugar no salón dos arcos do Concello. Ata alí desprazáronse o director do Centro Asociado á UNED en Ourense, Jesús Manuel García, acompañado polo técnico en Formación e Proxectos Culturais, Luís Gulín. 

O encontro cos interesados que acudiron a esta cita foi moi interesante. Os asistentes formularon varias preguntas, desde como continuar en España os estudos de Medicina ata como ingresar nesta Universidade se un é maior de 25, 40 ó 45 anos. Todas as posibilidades baralláronse e informáronse.

 Neste colectivo hai inquedanza por seguir formándose, xa sexa cursando un grao, un máster ou cursos de extensión universitaria. A reunión prolongouse durante 55 minutos e os venezolanos quedaron agradecidos e satisfeitos polas vías que se lles abren tras recibir a información. A UNED está disposta a continuar achegándose aos ourensáns alí onde se solicite. Polas posibilidades que ten esta Universidade pioneira en España no uso das tecnoloxías. Polo de agora xa houbo sesións informativas con venezolanos en O Carballiño, en Ourense e na vila de San Rosendo.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es