Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNEDasiss para estudantes europeos en Ribadavia

21 de noviembre de 2024

UNED Ourense explicou aos mozos participantes nun programa Erasmus+ reunidos na capital do Ribeiro o seu servizo para xestionar o acceso e admisión de estudantes estranxeiros á Universidad española.

OURENSE, 21 de novembro de 2024. En Ribadavia tivo lugar o intercambio Democracy: Play Now!, financiado polo programa europeo Erasmus +, no que participaron 25 mozos do continente. De idades comprendidas entre os 18 e 25 anos, estes mozos procedían de Portugal, Romanía, Grecia, Estonia e España, cos seus formadores e a colaboración de varios voluntarios europeos da provincia de Ourense.

Os obxectivos específicos deste proxecto son:

  1.  Fortalecer a participación democrática dos mozos.
  2.  Sensibilizar aos mozos sobre a cidadanía activa.
  3.  Mellorar as habilidades de liderado, toma de decisións e pensamento crítico dos participantes.
  4.  Proporcionar coñecementos para a interpretación de medios e fontes de información.
  5.  Fomentar a creatividade e o pensamento disruptivo dos participantes.
  6.  Proporcionar información útil e fiable sobre a Unión Europea, a democracia e os valores e principios europeos.
  7.  Estimular o interese dos mozos polo proxecto europeo. 

Neste contexto, UNED Ourense foi convidada para explicar (en inglés) a oferta de estudos e o sistema UNED Assis que facilita o ingreso nas universidades españolas aos estudantes internacionais. Estes, unha vez que presenten a documentación necesaria, obteñen vía UNED unha acreditación coa que poderán solicitar a admisión a un Grao na universidade da súa elección. A estes estudantes estranxeiros dirixiuse o técnico de UNED Ourense, Luis Gulín, facendo un simulacro coas titulacións de bacharelato dos respectivos países participantes para achegar aos mozos a realidade da UNED. Tamén se deron consellos prácticos para logo formalizar a matrícula en calquera universidade española. Ao finalizar a xornada, a UNED Ourense foi convidada a participar na entrega de diplomas dos participantes no salón de Plenos do Concello de Ribadavia, coa presenza do alcalde Cesar Fernández e a concelleira de Cultura, Yolanda Gómez.

Que é UNEDasiss

  • Un servizo da UNED creado para a xestión do acceso e da admisión de estudantes ás universidades españolas. 
  • Está especialmente dirixido aos estudantes internacionais.
  • A través de UNEDasiss os estudantes internacionais poden obter unha acreditación coa que poderán solicitar admisión a estudos de grao en universidades españolas. 
  • A acreditación de UNEDasiss é un documento dixital ao que terán acceso directamente as universidades a través da plataforma dixital de UNEDasiss.

 Misión

  •  Facilitar o acceso á universidade española aos estudantes de sistemas educativos internacionais a través da expedición de acreditacións e da realización de probas de competencias específicas.
  •  Facilitar a internacionalización da Universidade Española, ofrecendo ás Universidades unha valoración homogenea e regulada dos expedientes académicos e os coñecementos e competencias obtidos en sistemas educativos internacionais. 
 

Visión

  •  Converterse nun referente a nivel nacional e internacional nas actividades relacionadas coa acreditación de estudos preuniversitarios realizados en sistemas educativos internacionais para o acceso á universidade en España.

 Valores 

  • Axilidade máxima na tramitación das solicitudes de acreditación que garanta a todos os estudantes a posibilidade de acceder á Universidade en España en condicións de igualdade cos estudantes do sistema educativo español e nos prazos establecidos nos procedementos de admisión nas universidades. 

 Principios éticos: 

  • Orientación ao Cliente.
  •  Eficacia e axilidade na xestión.
  •  Garantía de igualdade de oportunidades.

.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es