OURENSE, 23 de febreiro de 2022. As Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente, organizadas por UNED Ourense co grupo de investigación HC1 e o grupo de innovación docente I2DH da Facultade de Historia da Uvigo, gozan dunha longa tradición dentro do panorama historiográfico galego. Nesta edición propoñen un achegamento a diversos aspectos da Falanxe como son o papel da FET y de las JONS como fonte de disenso no franquismo, a súa actuación nas eleccións municipais de 1946, o papel das mulleres no fascismo español ou as relacións entre deporte, muller e identidades. Celebranse do 7 ao 11 de marzo. Estas xornadas constan de 20 horas lectivas e darán dereito a 1 crédito ECTS, en trámite.
Programa
Luns, 7 de marzo
Ás 16:15h. Inauguración das xornadas polo decano da Facultade de Historia da Uvigo, profesor titular de Historia Contemporánea na Uvigo e profesor titor na UNED, Julio Prada Rodríguez e polo director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, xunto con Luis Velasco Martínez, membro do comité organizador.
De 16:30 a 18:00 h. comezará o primeiro relatorio titlulado FET y de las JONS como fonte de disenso no franquismo, a cargo de Mercedes Peñalba-Sotorrío, doutora en Historia pola Universidade de Navarra e Senior Lecturer da Manchester Metropolitan University. Tras esta intervención comezará outra baixo o título FET-JONS e as eleccións municipais de 1946, tema que desenvolverá Carlos Domper Lasús, investigador postdoutoral “Juan de la Cierva” no Departamento de Historia da Universidade de Zaragoza.
Martes, 8 de marzo
Sofía Rodríguez López, profesora axudante doutora da Universidade Complutense de Madrid, disertará sobre As mulleres do fascismo español, 1933-1939. Este relatorio comezará ás 16:30 horas. Tras el seguirá a intervención de Héctor José Pena Taboada, investigador predoutoral da Universidade de Vigo, quen falará acerca de FET y de las JONS: Deporte, muller e identidades (1939-1959).
Mércores, 9 de marzo ao venres 11 de marzo
A partires das 16:00 horas e ata ás 21:00 horas, durante estes tres días desenvolveranse as actividades de formación docente en liña baixo o título: O fascismo español e la didáctica da Historia, (partes 1, 2 e 3), co profesor Julio Prada Rodríguez.
A asistencia a estas xornadas será en liña. Á hora da inscripción hai que ter en conta estes dous aspectos:
María Concepción Álvarez Gómez, secretaria de UNED de Ourense, profesora titora en UNED Ourense e Mestrado Universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais
Julio Prada Rodríguez, decano da Facultade de Historia da Uvigo, profesor titular de Historia Contemporánea nesta universidade e profesor-titor de UNED Ourense.
Adrián Presas Sobrado, investigador predoutoral da Universidade de Vigo.
Jose Ramón Rodríguez Lago, profesor titular de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo.
Domingo Rodríguez Teijeiro, profesor titular de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo e profesor titor de UNED Ourense.
Luis Velasco Martínez, profesor de Historia Contemporánea, Universidade de Vigo, membro do Grupo de Innovación Docente en Ensino Non Presencial da USC e membro do Grupo de Innovación Docente I2DH da Uvigo.
Comité Científico
Jesús De Juana López, catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo.
Luis Domínguez Castro, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo
Bruno Tiago Jesús Madeira, da Universidade do Minho (Portugal) Instituto de Ciencias Sociais.
Miguel Madueño Álvarez, profesor na área de Historia Contemporánea da Universidade Juan Carlos I-Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais
Jesús Movellán Haro, doutor en Historia Contemporánea, Universidade de La Rioja.
UNED Ourense
Comunicación