Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED Senior arranca o curso con 120 alumnos na súa quinta edición en Ourense

7 de octubre de 2019

"Que aprendades moito e sobre todo que vos divirtades", dixo o director da UNED co gallo do comezo das clases

OURENSE, 7 de outubro de 2019.- Na tarde do luns comezaron as clases da UNED  Senior que se desenvolven no Centro Cultural Marcos Valcárcel en Ourense. Este ano son 120 os alumnos, superior á do ano pasado. Con este motivo os alumnos estiveron acompañados polo director do centro Asociado á UNED en Ourense, Jesús Manuel García, e pola coordinadora da UNED  Senior e secretaria do Centro Asociado, María Concepción Álvarez. O director deulles as grazas por matricularse nesta proposta de tanto éxito en Ourense á vez que lles deu ánimos para aproveitar ao máximo o tempo destas clases así como das vivencias que forxan en grupo cada ano. Contoulles que a UNED  Senior ourensá é modélica na UNED e que como tal foi exposta nun relatorio en Madrid a pasada primavera.

Os matriculados foron convidados por García para asistir ao solemne acto de inauguración do curso académico que terá lugar o día 30 deste mes, no salón de actos do Marcos Valcárcel. Xunto ao director estaba tamén un dos profesores que impartirán clase a estes veteranos alumnos, o cineasta italiano Simone  Saibene. “É un luxo que este ano teñades unha materia de cinema con este profesional que vén dese campo e que vos poderá ilustrar dun modo máis interesante”, díxolles o director. 

Ao final, lembroulles o lema da UNED, sacado dos textos bíblicos: O coñecemento móvese máis que as cousas que se moven. Desexoulles que aprendan moito e que se divirtan.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es