Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense volverá xestionar perto dun millón de euros no curso 2024/25

22 de julio de 2024

A Xunta Reitora do Consorcio aprobou o orzamento e as contas, así como a planificación académica, algúns dos 10 puntos da orde do día.

OURENSE, 22 de xullo de 2024. A Xunta Reitora do Consorcio de UNED Ourense celebrou sesión esta tarde para clausurar as xestións correspondentes ao ano académico que agora finaliza, así como aprobar iniciativas para o novo curso. Deste xeito, o centro universitario contará cun orzamento próximo ao millón de euros, grazas ao que poderá desenvolver a súa actividade académica e cultural durante o próximo exercicio. O director, Jesús Manuel García, agradeceu ás institucións tanto o compromiso como a implicación que teñen coa UNED, grazas ao cal é posible desenvolver todo o potencial desta Universidade na nosa provincia.

Nesta sesión deuse luz verde ao Plan de Xestión Anual de Calidade para o próximo curso 2024/25. Igualmente quedou aprobada a Planificación Académica do novo curso. As Contas Anuais tamén obtiveron a aprobación da Mesa, así como o orzamento. Tamén se lle deu apoio á reorganización do departamento económico financieiro de UNED Ourense. Todos os asuntos foron aprobados por unanimidade. Nesta sesión quedou constancia da situación saneada na que se atopa económicamente UNED Ourense, grazas á xestión do equipo humano que a fai posible.

O director, no seu informe, salientou, entre outros moitos aspectos, que no curso que remata, 1.279 personas participaron nos cursos de extensión, incluídas aquí as 95 persoas que asistiron ás clases da UNED Sénior, que é outra proposta de  extensión da UNED no noso territorio ourensán. 

Esta sesión foi presidida polo vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, e con el estaban na mesa o vicerreitor adxunto de Centros Asociados, Íñigo Tejera; o tenente alcalde, Aníbal Pereira; o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García; a alcaldesa da Rúa, María Albert; o representante de Profesores Titores e Coordinador Académico, Julio Prada; o administrador, Gonzalo Alonso; a representante do PAS, María Elvira Pavón, e a secretaria do Consorcio, María Concepción Álvarez.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es