Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense introdúcete na Computación Cuántica 

16 de enero de 2025

Do 17 de febreiro ao 31 de marzo desenvolverase este curso, totalmente en liña, tanto en directo como en diferido. E da dereito a obter 1,5 créditos ECTS.

OURENSE, 16 de xaneiro de 2025. UNED Ourense ofrece unha nova edición do Curso de Introdución á Computación Cuántica, que terá lugar no centro universitario do 17 de febreiro ao 31 de marzo. Esta iniciativa vai permitir coñecer algúns conceptos de información e criptografía cuántica. Entre os contidos figura unha introdución aos conceptos que se necesitan de álxebra lineal e mecánica cuántica, necesarios para afrontar o curso. Ao ser un ciclo de introdución, as implementacións que se tratan son exemplos sinxelos.

Este curso consta de 30 horas lectivas e dá dereito a obter 1,5 créditos ECTS. Os alumnos poderán asistir en liña, tanto en directo como en diferido. O relator será José Luis López Fernández, profesor titor de Informática en UNED Ourense.

O programa é o seguinte:

Luns, 17 de febreiro

  •  18:00-21:00 h. Tema 1: Introdución á computación cuántica. Fundamentos e aplicacións

Xoves, 20 de febreiro 

  • 18:30-20:30 h. Tema 2: Modelo matemático. Qubits. Operacións básicas con qubits. 

Luns, 24 de febreiro 

  • 18:30-20:30 h. Tema 3: Estados cuánticos. Superposición e entrelazamiento cuántico (entanglement). 

Xoves, 27 de febreiro 

  • 18:30-20:30 h. Tema 3: Estados cuánticos. Superposición e entrelazamiento cuántico (entanglemet). Continuación. 

Mércores, 5 de marzo 

  • 18:30-20:30 h. Tema 4: Computación cuántica. Puertas cuánticas. Modelo de circuítos. Qiskit. A computación cuántica na nube

Xoves, 6 de marzo 

  • 18:30-20:30 h. Tema 5.1: Exercicios co modelo de portas .Simuladores cuánticos. Hardware. A computación cuántica na nube. 

Luns, 10 de marzo 

  • 18:30-20:30 h. Tema 5.2: Teoría complexidade computacional. Algoritmos cuánticos visión xeral: Grover, Shor, Transformada Fourier. 
 

Xoves, 13 de marzo 

  • 18:30-20:30 h. Tema 6: Teleportación cuántica. Superdense Coding. Teoría información. 

Xoves, 20 de marzo 

  • 18:30-20:30 h. Tema 7.1: Optimización en computación cuántica. Modelo Ising. Problemas QUBO. Quantum Annealing. 

Luns, 24 de marzo 

  • 18:30-20:30 h. Tema 7.2: Optimización en computación cuántica: QAOA( Quantum Approximate). Variational Quantum Eingensolver (VQE). 

Xoves, 27 de marzo

  • 18:00-20:30 h. Tema 8: Criptografía cuántica. Seguridade. 

Luns, 31 de marzo 

  • 18:00-20:30 h. Tarefas finais: Exercicios repaso e test final. 

Inscrición

Matricúlaa modalidade ESTUDANTES é para os alleos á UNED (outras universidades, ciclos FP, escola oficial de Idiomas e conservatorios de música). Teñen que achegar copia da matrícula do curso 24-25. Os demandantes de emprego deben anexar certificado actualizado da oficina de emprego. Os participantes de familia numerosa (xeral e especial) teñen que anexar copia do carné ou certificado oficial correspondente. 

Matrícula

  • Matrícula Ordinaria: 55euros
  • Familia numerosa xeral: 35 euros
  • Alumnos UNED: 45 euros
  • Familia numerosa especial: 35 euros
  • Estudantes: 45 euros
  • Persoas en situación de desemprego: 35 euros. 

A matrícula é en liña, picando aquí.

Este curso está dirixido por Timothy Martin Read, profesor Titular de Universidade. Departamento de Linguaxes e Sistemas informáticos. ETS Enxeñería Informática da UNED. Vai destinado a estudantes de carreiras técnicas e, en xeral, a cantas persoas teñan interese nesta apaixonante tecnoloxía. Sería desexable que o alumno coñeza algunha linguaxe de programación clásico (se é posible Python) e teña algún coñecemento elemental de álxebra lineal. Sería suficiente cun nivel de bacharelato, aínda cando se fai un breve repaso destes conceptos no curso.

Obxectivos

O obxectivo fundamental do curso é difundir coñecementos básicos sobre as tecnoloxías cuánticas, esencialmente computación cuántica e conceptos de áreas relacionadas, información cuántica e criptografía cuántica. 

Metodoloxía

O curso realizarase de maneira totalmente telemática na modalidade en liña. As clases gravaranse con obxecto de facilitar o seguimento do mesmo. Explicaranse os contidos e realizaranse exercicios para reforzar a aprendizaxe, utilizando a ferramenta Qiskit e Composer de IBM. Comentaranse outras ferramentas que poden utilizarse para realizar as prácticas. Será necesario para superar o curso realizar satisfactoriamente unha proba análoga aos exercicios que se irán resolvendo nas clases así como cubrir a enquisa final de curso. 

Sistema de avaliación

Os participantes realizarán tarefas que se computarán como 4 horas de traballo (a maiores das 26) para a avaliación final do curso.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Esta actividade impacta no ODS número 9. Industria, Innovación e Infraestruturas.

UNED Ourense

Comunicación

Campus NoroesteVisítanos
Canal UNEDAccede
Sede ElectrónicaAccede
Oficina de PrácticasOficina Prácticas
Librería Virtual UNEDAccede
Convocatoria Venia Docendi 2024-2025Accede
UNIDIS DiscapacidadAccede
Calendario académico 2024-2025Accede
BibliotecaAccede
Horarios OurenseHorarios OurenseHorarios OurenseHorarios A RuaHorarios A Rua
Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es