OURENSE 26 de xaneiro de 2024. O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, achegará a realidade desta Universidadr pública a todos os estudantes de Bachalerato do oriente ourensán. Comeza así en xaneiro o percorrido habitual polos IES da provincia. Esta vez o inicio faise nas comarcas de Valdeorras, Trives e Viana. Así, o vindeiro luns, 29 de xaneiro, a primeira hora da mañá, García
falará da UNED aos estudantes do IES Germán Ancochea da Pobra de Trives. De seguido, o martes, día 30, o director de UNED Ourense dirixirase aos estudantes do IES Cosme López, en A Rúa. E o mércores, 31 de xaneiro, fará a mesma actividade cos estudantes de Bachalerato do Barco de Valdeorras, concretamente no IES Lauro Olmo e no IES Martaguisela. A charla prevista no IES Carlos Casares de Viana do Bolo vaise desenvolver o día 16 de febreiro.
Estas charlas achegan a realidade universitaria mediante a UNED a quen está a piques de ingresar en estudos superiores. Son sesións nas que o relator aviva aos mozos coa realidade que se achega ás súas vidas tan pronto como superen a ABAU. Tamén se anima aos que optarán por cursar FP, posto que actualmente é outra vía de entrada á Universidade. Nestos encontros promóvese a participación de todos os asistentes para que pregunten canto lles sorprenda da UNED, que é a segunda universidade máis antiga en Galicia, despois da de Santiago, xa que hai 51 anos que comenzaba a prestar servizo a Galicia a través do, naquel entón, o seu único centro nesta terra, o de Pontevedra. Desde entón Galicia ten hoxe catro centros asociados á UNED que desenvolven unha importante actividade académica, cultural e social nos seus territorios.
"O que tentamos con estas visitas aos mozos que se preparan para acceder á universidade é conciencialos de que teñen que traballar no seu, que non é outra cousa que estudar. Convén dicirlles como se estuda na universidade e concretamente na UNED, onde o nivel de esixencia é notable, o que revirte na formación que obtén quen se esforza e culmina o seu grao. Notamos que, en xeral, estes xóvenes móstranse con pouca iniciativa e hai que avivalos, pois van ter que deixar a súa actual zona de confort para loitar por si mesmos nunha institución na que triunfarán só na medida en que se esforcen", dixo García Díaz. "Aquí non temos nota de corte nen números clausus. Abonda con aprobar a ABAU e xa podes matricularte en calquera dos nosos 30 graos. Hai que alimentar a forza de vontade, a auto organización e a constancia no estudo; hai que ler moito e escribir ben, e hai que empezar a expresarse mellor tanto oral como por escrito, que se note o estudo concreto que esa persoa está facendo, aprendendo a empregar a xerga propia da carreira que prepara ou, polo menos, unha linguaxe máis elaborada, fuxindo das formas coloquiais", engadiu o director de UNED Ourense.
Estas visitas, que se repetirán noutros IES ourensáns nos vindeiros meses, axudan a abrir a mente de varios xóvenes que ven na UNED un modo moi interesante de cursar estudos superiores someténdose ao nivel esixente desta Universidade, sabedores de que, a cambio, obterán unha excelente formación. E todo elo sen facer grandes gastos económicos en pensións, residencias nen en viaxes, pois desde cualquera pobo da provincia de Ourense pode estudarse na UNED.
A sede de UNED Ourense serve toda a bibliografía necesaria, as titorías, e a este centro é onde hai que ir para facer os exames. Pero se o estudante, por traballo fora da provincia ou outra razón, non pode examinarse en Ourense, ten a posibilidade de facelo noutro centro UNED cercano onde estea ese día da proba. Estas son algunhas vantaxes que ofrece a UNED nos seus 61 centros ubicados en todo o territorio nacional e os 23 que ten no estranxeiro.
UNED Ourense
Comunicación