Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense organiza o primeiro Curso de Especialización en Viticultura e Enoloxía: Encontros para o progreso e o emprendemento rural

15 de octubre de 2021

Terá lugar do 22 de outubro de 2021 ao 7 de maio de 2022 tanto en liña como presencial desde a Aula Universitaria de Valdeorras

Ourense, 15 de outubro de 2021.- UNED Ourense organiza a primeira edición do Curso de Especialización en Viticultura e Enoloxía: Encontros para o progreso e o  emprendemiento rural. O obxectivo é dar a coñecer as últimas novidades e tendenzas no sector do viño, cunha visión interdisciplinar. Abrangue desde o enoturismo ata 

a xestión empresarial e comercialización dos produtos vitivinícolas, realizando boas prácticas de produción e respectando o medio ambiente. Sen desprezar os preceptos da lexislación vixente para seguir traballando baixo sistemas de calidade e garantindo a seguridade alimentaria.

Este curso celebrarase do 22 de outubro de 2021 ao 7 de maio de 2022 na Aula Universitaria de A Rúa. Consta de 52 horas lectivas e da acceso a dous créditos ECTS. Poderá seguirse de modo en liña e presencial.

Os relatores son: Jesús Manuel Álvarez Rodríguez,  técnico superior en Prevención de Risgos Laborais  Mestrado (UNED); Ricardo Dobao Macía, enxeñeiro técnico agrícola; Julio Fernández Portela, profesor titular de Xeografía Humana na UNED. Membro do Grupo de investigación de Cultura, Paisaxe e Patrimonio da Vide e o Viño (VITISUNED); Cecilia Fernández Rodríguez, licenciada en Bioloxía e Enoloxía. Consultora enolóxica; Jorge Mazaira Pérez, director técnico da D.O. Valdeorras; María Eugenia Medina González, enóloga e licenciada en Bioloxía, membro de Doña Branca Asesoría Enolóxica Integral S.L;  María Cristina Murga Macías, enxeñeiro técnico agrícola e enóloga de espumosos galegos. Tamén intervirán Luis Peique Valle, socio fundador de Bodegas Peique-Bierzo, fundador do Proxecto O Cabalín D.O. Valdeorras;  Enrique Santiago Pérez Espiño, enxeñeiro técnico agrícola; Eladio Ramón Santos Martínez, concelleiro de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo do Concello de O Barco e Marta Sertaje Nogueira, directora de Exportación en A Coroa SAT.

Programa:

  •  venres, 22 de outubro de 2021: 18:00-20:30 h. Presente e futuro nos viños de Galicia. Historia e regulamento da D.O Valdeorras. Certificacións de calidade.
Jorge Mazaira Pérez
  • sábado, 23 de outubro de 2021: 10:00-14:00 h. Elaboración de viños tintos. Variedades, maceracións, embotellado e tipos de crianzas.
Maria Eugenia Medina González 
  • venres, 19 de novembro de 2021: 17:00-21:00 h. Historia do espumoso en Galicia ata os nosos días. Cata de viños espumosos, carácter varietal da cata.
María Cristina Murga Macías 
  • sábado, 20 de novembro de 2021: 10:00-14:00 h. Melloras nos sistemas de elaboración de espumosos, cultura e maridaxes. Cata de espumosos de nova xeración.
María Cristina Murga Macías 
  • venres, 10 de decembro de 2021: 18:00-20:30 h. O Cabalín: Proxecto de recuperación de viñas abandoadas no oeste de Valdeorras para a elaboración de viños de Terroir.
Luis Peique Valle 
  • venres, 14 de xaneiro de 2022: 17:00-21:00 h. Técnicas vitícolas fronte ao cambio climático. Técnicas de manexo da vexetación do viñedo para mitigar os efectos das altas temperaturas e do calentamento climático.
 Enrique Santiago Pérez
  • sábado, 15 de xaneiro de 2022: 10:00-14:00 h. Prevención de riscos laborais no sector vitivinícola. Prevención específica en vendima e prevención en adega.
Jesús Manuel Álvarez Rodríguez 
  • venres, 18 de febreiro de 2022: 17:00-21:00 h. Elaboración de viños brancos. Selección de uva, fermentación alcohólica e crianza.
Cecilia Fernández Rodríguez 
  • sábado, 19 de febreiro de 2022: 10:30-13:30 h. Recursos turísticos de Valdeorras.
Eladio Ramón Santos Martínez 
  • venres, 25 de marzo de 2022: 18:00-21:00 h. Análisis sensorial e Cata de tintos en adega. Descubrindo os viños de Valdeorras. 
Esta sesión se realizará nas instalacións da Cooperativa Vitivinícola de A Rúa.

Maria Eugenia Medina González 

  • sábado, 26 de marzo de 2022: 10:00-14:00 h. Producción Integrada. Xestión integrada de pragas no viñedo. Caderno de explotación.
Ricardo Dobao Macía
  • venres, 22 de abril de 2022: 18:00-21:00 h. Análise sensorial e Cata de brancos. Características, orixe e identidade do viño.
Cecilia Fernández Rodríguez 
  • sábado, 23 de abril de 2022: 10:00-14:00 h. Pensa en verde. Desenvolvemento da vide, deschuponado e desnietado.
Enrique Santiago Pérez Espiño
  • venres, 6 de maio de 2022: 18:00-20:00 h. Do majuelo á adega. Tradición e modernidade na paisaxe vitivinícola castelanoleonesa: o caso da D.O. Cigales.
Julio Fernández Portela 
  • sábado, 7 de maio de 2022: 10:00-13:00 h. Mesa Redonda: Enoturismo como posibilidade de recurso turístico na comarca de Valdeorras.
-Joaquín Sánchez Rodríguez, presidente da Asociación Rutas do Viño de Valdeorras e xerente na adega Alan de Val.

-Victor Fernández González, xerente de Xanzá Ecoturismo.

-Cristina Nuñez Prada, técnica da Ruta do Viño Valdeorras.

-Ana Rodríguez Lomba,  planificación de viaxes enoturísticos en NorteGuiado e guía turística.

-Antón Alonso Suárez, director e editor de www.vinosycaminos.com.

13:00-14:00 h. Visita a unha adega e viñedo da D.O. Valdeorras: Bodega A Coroa SAT, con Marta Sertaje Nogueira, directora de Exportación A Coroa SAT.

Esta actividade permite ao estudante participar con asistencia presencial ou asistencia en liña tanto en directo como en diferido, sen necesidade de ir ao centro.

A matrícula na categoría ESTUDANTES é para alumnado alleo á UNED (outras universidades, ciclos FP; escola oficial de idiomas, conservatorio de música etc). Hai que adxuntar copia da matrícula do curso vixente 2021-2022. 

As persoas en situación de desemprego teñen que adxuntar certificado actualizado da súa situación.

Matrícula Ordinaria: 85 euros

Alumnos UNED: 65 euros

Estudantes: 65 euros

Desempregados: 45 euros

O curso está dirixido por Rosa María Garcinuño Martínez, profesora titular na Facultade de Ciencias e directora do Departamento de Ciencias Analíticas na UNED. A coordinación a leva Jacinta Sánchez García, profesora titora de Bioloxia en UNED Ourense.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es