OURENSE, 22 de febreiro de 2021.- UNED Ourense ofrece o curso Descobrir a linguaxe da nosa propia escritura [Nivel I], do 27 de febreiro ao 5 de abril, con dous obxectivos fundamentais: que sirva para coñecer, aprender e aplicar as regras básicas na análise da escritura, orientada ao estudo da personalidade e que de igual modo permita adquirir e utilizar esa información, de modo que esta ferramenta sirva como medio de autoconocimiento, ao realizar unha mirada persoal a través do espello de nosa propia escritura, aínda que tamén teña utilidade para facelo respecto da dos demais. O curso será virtual, en horario de 10.00 a 13.00 horas. O relator será Miguel Ángel Gómez Vázquez, avogado, grafólogo e perito calígrafo. Este curso consta de 50 horas lectivas e 2 créditos ECTS e sempre se celebrará en sábado.
Programa
O sábado, 27 de febreiro, o tema para expoñer é: Encadre xeral da escritura. Leis Xerais. Conceptos Básicos. Aplicacións e especialidades. O día 6 de marzo, falará sobre Espazo e impulso vital. Autoestima. Tamén exporrá teoría sobre a liberdade versus formalidade.
O día, 13 de marzo Gómez Vázquez deterase en falar de ánimo, vontade e carácter. Eu e os demais, os demais e eu . E tamén da cohesión persoal. O 20 de marzo o tema elixido é Pensamento e actividade. Daquela o docente explicará Forzas e tendencias. O 27 de marzo os participantes terán a sesión titulada Un lugar no mundo e o selo persoal. A última cita, prevista para o 5 de abril, será de avaliación final para comprobar toda a bagaxe exposta nesta iniciativa cultural da UNED.
A matrícula modalidade ESTUDANTES é para os non pertencentes ao ámbito da UNED (estudantes doutras universidades, ciclos FP, escola oficial de idiomas etc). Teñen que enviar ao correo electrónico cursos@ourense.uned.es unha copia da matrícula do curso vixente 2020-2021.
As persoas en situación de desemprego teñen que enviar ao correo electrónico cursos@ourense.uned.es unha copia da matrícula da tarxeta de demandante de emprego ou outro documentos xustificativo da situación.
O límite de prazas é de 30.
Os prezos de matrícula son os seguintes: 90 euros a ordinaria; 65 o prezo para alumnos UNED e doutras universidades, e de 35 euros para desempregados.
O curso está dirixido por Sonia Calaza López, catedrática de Dereito Procesal e directora do Departamento de Dereito Procesal da UNED. Da coordinación encárgase María Concepción Álvarez Gómez, secretaria e profesora titora de UNED Ourense.
Esta iniciativa vai dirixida ao público en xeral, a cantas persoas desexen e queiran facer unha aplicación práctica desta ferramenta, especialmente a nivel persoal. Igualmente é de interese para estudantes ou profesionais e en especial aqueles que desenvolvan o seu labor en ámbitos como: Criminoloxía, Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Maxisterio e Educación.
UNED Ourense
Comunicación