OURENSE, 26 de setembro de 2023. O Colexio de Enfermería de Ourense inaugurou esta mañá na Praza Bispo Cesáreo da capital o Tráiler Enfermero, que trae unha campaña dirixida a todos os ourensáns para coñecer con detalle o traballo destes profesionais que desenvolven a súa profesión na nosa provincia. Ao sinxelo acto foron invitados, entre outros, o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz. Tamén estaba o vicerreitor do Campus da Uvigo, Francisco Javier Rodríguez Rajo, así como a directora da Escola de Enfermería de Ourense, María Milagros Fernández Varela; a presidenta do Colexio de Enfermería de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo e o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, varios concelleiros e unha representación da Deputación na persoa de Ana Patricia Torres Madureira.
Esta campaña dirixida a Ourense permitirá, desde hoxe ata o xoves, 28, obter información sobre a profesión de enfermería, facer enquisas e algunhas probas diagnósticas in situ, e tamén algúns xogos a base de preguntas.
No camión ofrécese diversa información para coñecer mellor o traballo e a formación superior que teñen hoxe os profesionais da Enfermería.
Bajo el lema Te cuidamos toda la vida, ofrecerán a seguiente formación de balde:
Martes, 26 de setembro:
Mércores, 27 de setembro:
Xoves, 28 de setembro:
Autoridades sanitarias, políticas e universitarias estiveron presentes no acto de apertura da campaña enfermera aos ourensáns.
Unha das probas que poden facerse in situ é a de prevención do Ictus, cun programa gratuito de detección da fibrilación auricular mediante unha proba de pulso vital. Ten bastantes interesados. Ascensión Pérez dixo que esta campaña é iniciativa "colectiva da enfermería española, impulsada polo Consello Xeral da Enfermería, en colaboración con todos os colexios provinciais" para visibilizar os coidados enfermeros de calidade e expoñer a nosa evolución profesional e a nosa formación de calidade como referentes sanitarios que somos".
UNED Ourense e o Colexio de Enfermería de Ourense estudan desde fai meses posibilidades de ofrecer o doutoramennto aos enfermeiros e enfermeiras da nosa provincia a través de EIDUNED e o convenio potente que ten a UNED co Instituto de Saúde Carlos III.
UNED Ourense
Comunicación