OURENSE (15 de setembro de 2023). UNED Ourense convértese en centro de realización dos exames do Trinity College London. Desta maneira son 35 os centros asociados da UNED que ofrecen este servizo á sociedade. Os certificados do Trinity College London son unha titulación oficial con recoñecemento internacional que acredita o teu nivel de B1, B2 ou C1 en lingua inglesa. O prazo de matrícula rematará o 29 deste mes de setembro. Se desexas matricularte, pulsa aquí.
As probas realizaranse nunha sola convocatoria que está fixada para o 15 de novembro de 2023 (proba escrita), ás 10.00 horas. As datas das probas orais deberán ser consultadas en cada centro. Xunto a UNED Ourense, esas probas poden facerse nos centros de Albacete, Almería, Ávila, Baza, Bergara; Bizkaia, Cádiz, Calatayud, Campo de Gibraltar-Algeciras; Cantabria, Cervera, Ciudad Real, Denia, Girona; Guadalajara, Huelva, La Rioja, Lanzarote, Lisboa; Madrid-Las Tablas, Málaga, Motril, Palma de Mallorca, Pamplona, Plasencia, Segovia; Sevilla, Soria, Tortosa, Tudela, Valencia e Zamora.
As catro competencias avalíanse mediante dous módulos:
Prezo da matrícula:
As certificacións de Inglés están calibradas co Marco Común Europeo de Referencia (MCER) polo que os seus niveis están certificados internacionalmente. Polo tanto, recoñecidos a nivel mundial por universidades, autoridades educativas e organizacións comerciais.
A Dirección de UNED Ourense fixo as xestións debidas para dotar a este centro universitario ourensán da nova oferta, que seguro brindará un servizo importante a toda a provincia.
UNED Ourense
Comunicación