Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A Aula de Cata UNED en Verín abre prazo de matrícula para o seu terceiro curso de formación en espumosos

5 de diciembre de 2018

Celebrarase os días 14 e 15 deste mes e conta con 30 plazas dispoñibles 

OURENSE, 5 de decembro de 2018.- Os  días 14 e 15 de decembro a Aula de Cata da  UNED en Verín acollerá o seu terceiro curso de formación dedicado aos espumosos. Da man de Luís e Alejandro  Paadin os interesados en participar neste ciclo formativo de seis horas de duración coñecerán algúns dos viños espumosos máis relevantes do mundo. Desde o espertar dos espumosos de Galicia, pasando polos  Lambruscos, método ancestral,  o cava, ata os míticos  Millésime  Champagne. Tamén recibirán unha formación básica en métodos de elaboracións,  dosajes, uvas, estilos, servizo, etc. 

Luís e Alejandro  Paadin son  formadores homologados de #CAVA e Campións de España de Embaixadores de  Champagne dos anos 2005 e 2014 respectivamente. A matricúla está aberta ata o mércores 12 de decembro cun custo de 10 euros e con 30 prazas dispoñibles. A actividade formativa está patrocinada polo  Concello de  Verin.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es