Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Un libro de debates sobre cambios de perspectiva nas relacións internacionais de hoxe

9 de octubre de 2024

O Instituto Gutiérrez Mellado e a UNED publican o volume que recolle os relatorios de investigación da última edición das xornadas de Estudos de Seguridade baixo o título Novos conflitos, novos paradigmas.

OURENSE, 9 de outubro de 2024.- O Instituto Gutiérrez Mellado e a UNED publicaron o libro: Novos conflitos, novos paradigmas. Debates sobre os cambios de perspectiva nas relacións internacionais do século XXI. A obra está editada pola Editorial UNED e recolle os relatorios defendidos nas Xornadas de Estudos de Seguridade, do IGM, da UNED. Ditas xornadas naceron co obxectivo de xerar un espazo académico para promover o debate ao redor de cuestións relacionadas coa paz, a seguridade e a defensa. A cuarta edición desas xornadas tiveron lugar do 9 ao 11 de maio de 2023, co título Novos conflitos, novos paradigmas. Os tres paneis que constituíron as diferentes sesións deseñáronse para incluír, xunto, as comunicacións de de estudantes do programa de Doutoramento en Seguridade Internacional, impartido polo IUGM-UNED. Nel deuse a oportunidade aos doutorandos de presentar os principais achados da súa investigación no marco da elaboración da súa tese doutoral.

Este volume que agora se presenta, recolle os relatorios fundamentais presentados nas XV Xornadas de Estudos de Seguridade, que inciden en diferentes aspectos da seguridade tanto nacional como internacional. Todas as comunicacións incluídas nesta recompilación foron sometidas ao correspondente proceso de avaliación externa por parte de pares.

O libro consta de tres capítulos: 

  • O conflito de Ucraína. Nel, varios autores escriben sobre as operacións cibernéticas no primeiro ano do conflito (Mariano César Bartolomé); o impacto desa guerra no desenvolvemento e tácticas de medios blindados (Daniel Saurín Martínez); o impacto da invasión rusa en Ucraína sobre a regulación internacional dos sistemas de armas autónomas letais (Andreas Heinz Westhues). Ademais trátase a seguridade europea, cuestionada tras a agresión a Ucraína (Julián Melero Armiñanzas), ou a OTAN e a súa ampliación de fronteiras cara a agresión rusa (Amparo Maties Velasco). 
  • A seguridade internacional. Neste apartado trátase acerca da disuasión integrada na estratexia de competición de Estados Unidos, un traballo de Rocío Vales Calderón e Guillén Colom Piella; a adecuación da estratexia de seguridade nacional USA, investigada por Pablo Estevan Barceló; o posicionamento de China nos esquemas de gobernanza das rexións polares, con María Noemí Zamora Rivas, pasando pola alianza dos Cinco Ollos, é dicir, da intelixencia multilateral á contención global de Rusia e China, da man de Javier García Chacón; para logo tratar sobre a desinformación e teorías da conspiración na seguridade internacional, cunha mirada a través da mitoloxía grega e o discurso terrorista, tema do que se encargou Ramón Alarcón Sánchez. Por último, neste capítulo reflexiónase acerca de España en tempo de cambio xeopolítico, tema achegado por Arturo García-Vaquero y Pradal.
  • Programa de doutoramento en Seguridade Internacional. Son varios os apartados que aquí se tratan. Comeza coa defensa á luz dun novo modelo teórico: cara a unha planificación adecuada de novos retos, con Lívia Cardoso Viana Gonçalves; A dificultade industrial na contratación dos programas de defensa: Leopardo 2E, unha lección aprendida, texto de Carlos Huerta Mérida, mentres Manuel Cerrada Moreno presenta un texto sobre a protección penal da Orde Pública, referíndose á Lei Orgánica 14/2022, do 22 de decembro e a derrogación do delito de sedición. Ramón Mendieta Urbán achega a este terceiro capítulo do libro un traballo sobre os procedementos de avaliar e certificar para a toma de decisións nos proxectos de deseño e/o rehabilitación sostible en inmobles da administración pública. Por último, Irene Torrijos Rodríguez participa cun traballo de auditoría e control dos principios constitucionais de eficacia das administracións públicas, e de eficiencia na xestión do gasto público. 

A editora deste libro é Sara Álvarez Quintáns, (Pontevedra, 1996), que é doutora en Seguridade Internacional pola UNED. Entre a súa formación académica figuran o Grao en Relacións Internacionais, cursado na Universidade Complutense de Madrid, e o #Máster en Paz, Seguridade e Defensa, cursado no IUGM_UNED. As liñas principais de investigación son a converxencia entre crime organizado e terrorismo, e a xeopolítica no espazo Indo-Pacífico.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es