Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

TRIBUNA

16 de octubre de 2022

A UNED*

Son moitas as razóns que che levan á UNED e diversas as situacións desde as que, chegado o momento, decidiche atravesar o limiar da Universidade Nacional de Educación a Distancia. Os moitos recursos que a institución pon ao teu alcance, sumados á motivación e ao esforzo persoal de cada un, acadan na maioría das ocasións os resultados esperados, e que non son outros que a plena satisfacción do alumno que, segundo os casos, posibilitan a promoción profesional, capacitan para maiores especializacións e melloran a competitividade á hora de conseguir introducirse no mercado laboral, sen esquecernos da autoestima e a confianza tras comprobar que con traballo e constancia todo é posible. Para quen isto subscribe o paso pola UNED supuxo unha das experiencias máis interesantes da miña vida desde o punto de vista formativo, xa que non só me facultou para progresar no meu traballo senón que tamén me habilitou para aspirar a niveis de especialización, e remuneración, privativos sen as titulacións conseguidas. O esforzo do alumno é apoiado a través das plataformas virtuais tanto das distintas carreiras como de cada unha das materias, repletos de material didáctico sonoro, audiovisual e gráfico; estimulado a través das conferencias e titorías, reconfortado a través do consecuente logro de obxectivos. Capítulo á parte merecen os foros de alumnos, en todas as súas modalidades. Cara a probable crenza de que o estudo na UNED prodúcese en total soidade e na frialdade do alumno postrado cara o libro, dámonos de bruzos con espazos nos que todo se comparte, resumos, traballos, sensacións, consellos. Son os foros de aestudantes, hainos de todas as materias e funcionan mesmo como confesonarios de desafogos en momentos de nervos e tensións pre-períodos de exames. Non sería xusto falar do meu paso pola UNED sen referirme ao persoal que atende na sede física, no meu caso de Ourense, nos que atopas todo tipo de facilidades nos trámites, cando se trata de cuestións administrativas, e nos consellos e asesoramentos no seu caso, por parte dos negociados de orientación e información de estudantes. Son Graduado en Educación Social pola UNED, a miña estancia nela fíxome mellor persoa, máis competente, máis madura, mellor profesional, a titulación acadada fixome máis competitivo, máis seguro de min mesmo. Non hai desculpas para non entrar. Son UNED.

*Bieito Conde Salgado é Graduado en Educación Social pola UNED.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es