Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Avaliación UNED-xuño 2020

13 de mayo de 2020

Consulta aquí toda a información dos exames

OURENSE, 13 de maio de 2020.- Para realizar os exames da UNED é necesario dispor da túa fotografía na ficha de estudante. Se non fixeche o carnet de estudante, envíanos unha foto xunto co DNI, NIE ou pasaporte a info@ourense.uned.es

Pódela facer co móbil coas seguintes características :

- Frontal

- Fondo neutro  

GRAO E MESTRADO

Durante esta convocatoria de ordinaria, condicionada pola alerta sanitaria do COVID-19, os exames daquelas materias cuxos equipos docentes optaran pola modalidade de evaluación on line de Grao e Mestrado, faranse de forma non presencial mediante a aplicación web AvEx da UNED (versión DEMO para estudantes a partires do 25 de maio. Algúns Equipos Docentes escolleron a Evaluación Continua, prantexando traballos académicos aos estudantes a traverso do curso virtualRecorda que para acceder á aplicación debes solicitar o teu código nesta  ligazón .

Consulta as características do sistema de avaliación de xuño de 2020 e infórmate no teu curso virtual da modalidade de evaluación escollida por cada equipo docente. 

As probas desenvolverande ao longo de dúas semanas:

  • 1ª semana: do luns 15 ao venres 19 de xuño. 
  • 2ª semana: do luns 22 ao venres 26 de xuño.  

Esta convocatoria on line NON permite a posibilidade de presentarse libremente a calquera das dúas semanas de exames. Debes presentarte o día que che corresponda en función da seguinte distribución por apelidos e grupos:

  • Grupo 1 da “M-Z”
  • Grupo 2 da “A-L”

Consulta na táboa o calendario asignado ao teu grupo:

Se o teu apelido contén algunha  partícula como unha preposición ou artigo, debes atender á primeira letra do teu primeiro apelido. Exemplo: Juan del Río. A súa asignación dependería do “R” (grupo 1), non do “D”.

CALENDARIO DE EXAMES 

Consulta o día e a hora á que debes examinarte en función do grupo que che corresponda:

SOLICITUDE CAMBIO DE DÍA DE EXAME

No caso de que che coincidan nun mesmo día varias materias ou teñas razóns laborais, médicas ou de análoga natureza que che impidan realizar o exame na quenda asignada, podes solicitar o cambio de semana de exames cubrindo o seguinte  Formulario

As peticións terán que estar debidamente xustificadas.

Prazo: ata o 31 de maio.

GESTION DE EXAMES EN CASOS EXCEPCIONAIS

A través da iniciativa UNED100%, a nosa universidade preparará de forma excepcional o sistema de evaluación en liña para os seguintes grupos de estudantes:

  • Que teñan necesidades especiais
  • Que non conten cos medios técnicos necesarios para a realización de exames en liña ou a avaliación contínua.
  • Que se atopen noutras situacións persoais análogas ás anteriores.

Co obxecto de determinar as distintas necesidades e atopar as solucións axeitadas a cada unha delas, facilitouse o seguinte  Formulario

Prazo: ata o 15 de maio.

É fundamental que previamente te informes nos cursos virtuais das túas materias de cal é o sistema de avaliación concreto que se estableceu para cada materia na que estás matriculado e comprobes se precisas apoio adicional.

CERTIFICADO DE ASISTENCIA

Pasadas 48 horas desde a finalización do exame, poderás entrar en  www.unedenlinea.es co teu código de verificación de rexistro e visualizar o exame, así como descargar o xustificante de asistencia.  É importante sinalar que, no mesmo momento en que remates o teu exame, a aplicación vaiche enviar unha primeira confirmación de que fixeche o exame.

CURSO DE ACCESO Á UNIVERSIDADE +25 E +45 ANOS

As Probas de Acceso á Universidade vanse celebrar no Centro Asociado á UNED en Ourense ao longo de tres días:

  • Do 9 ao 11 de xullo.

CALENDARIO DE EXAMES

A dirección do Centro tomará as medidas oportunas para garantir a saúde dos seus estudantes no que se refire ao matemento da distancia interpersoal e a conseguinte redución do aforo das aulas de exame.

DISTRIBUCIÓN DE AULAS DE EXAME

  • Centro Asociado á UNED en Ourense, Torres do Pino, s/n, 32001 Ourense. 

EXAMES DE RESERVA

Os estudantes do CAS teñen a posibilidade de solicitar exames de reserva no caso de que non podan asistir por causas debidamente xustificadas á data de convocatoria.

Poderase realizar ata un máximo de tres exercicios.

Horario

Os exames de Reserva terán lugar o sábado, 11 de xullo ás 16.00h.

  • Se solicitas RESERVA POR COINCIDENCIA DE EXÁMENES, non é preciso que fagas ningunha petición, a reserva tramitarase cando te preentes á data de exame. Debes informar da túa intención de presentarte á reserva á persoa que te atenda no posto de entrada.
  • Debes cumprimentar o  impreso de solicitude e entregalo acompañado da documentación xustificativa. Tamén podes remitilo con antelación ao noso correo electrónico: info@ourense.uned.es indicando no asunto "RESERVA EXAMES"

A túa solicitude será entregada ao tribunal o cal valorará a súa aprobación.

CUID

Durante esta convocatoria ordinaria, condicionada pola alerta sanitaria do COVID-19, os exames escritos do CUID realizaranse de modo non presencial mediante a  aplicación web AvEx de la UNED (versión DEMO para estudantes a partires do 25 de maio).

CALENDARIO DE EXAMES

PROBAS ESCRITAS

Os estudantes do CUID teñen a posibilidade de presentarse libremente en dúas quendas ás probas escritas, mañán ou tarde.

PROBAS ORAIS:

  • Calendario probas oarais CUIS (do 26 de maio ao 2 de nuño- pendente).

Os estudantes realizarán as probas orais mediante a aplicación  E-Oral.

XESTIÓN DE EXAMES EN CASOS EXCEPCIONAIS-CUID

Os estudantes do CUID tamén poden acollerse á iniciativa  UNED100%, no caso de que precisen adaptar o sistema de avaliación en liña ás súas necesidades.

Co gallo de desterminar distintas necesidades e atopar as solucións axeitadas a cada unha delas, facilitouse o seguinte 

Prazo: ata o 15 de maio.

INTERÉSACHE

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es