Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

The key, la clé, der Schlüssel, il tasto, giltza, la ŝlosilo… Matrículate no CUID, a chave á comunicación global

6 de septiembre de 2021

Coñecer, conversar ou ter un título de un ou máis idiomas é a clave que pode abrir as portas a un contrato laboral, facilitar a investigación de fontes orixinais ou viaxar sen barreiras, sexa por traballo ou pracer. 

OURENSE, 6 de setembro de 2021.-  O CUID da UNED, cos seus 16 idiomas, abre a súa matrícula desde hoxe, luns, día 6 de setembro, ata o 21 de outubro. Ofrece a posibilidade de estudar de forma semipresencial ou totalmente virtual  e hai varios niveis para adaptarse ás necesidades de cada estudante. Non fai falta contar con ningunha titulación previa, aínda que se ofrecen probas previas de nivel de balde, os únicos requisitos son ter máis de 16 anos y gañas de aprender un idioma.

Elixe o teu idioma

Na oferta de idiomas atoparás os europeos como alemán, español para extranxeiros, francés, inglés, italiano, neerlandés, e portugués; as tres linguas cooficiais do Estado, catalán-valenciano, euskera e galego, e as extracomunitarias árabe, chinés, xaponés e ruso. Tamén ofrecemos a lingua internacional esperanto e a lingua de signos española.

“O ano pasado 12.000 estudantes confiaron en nós. Un aumento espectacular de matrículas que demostra que os nosos cursos adaptanse á fórmula precisa para aprender idiomas. Para este curso programamos novos niveis en lingua de signos, en ruso e implantouse a versión A2 de árabe totalmente en liña. Despois dun ano de pandemia esperamos encontrarnos cos nosos estudantes de sempre e acoller aos novos con ilusións renovadas”, explica Pilar Rodríguez Arancón, directora do CUID da UNED.

Aida Fernández Vázquez

Edición web: Rafael Carretero del Puerto

Comunicación UNED

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es