OURENSE, 20 de abril de 2023. UNED Ourense mantén aberta a matricula para que se podan apuntar cantas persoas sintan curiosidade por participar no curso de Iniciación á Paleografía que comezará o vindeiro lunes, ás 16:30 horas, e que se celebrará na sede do Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOU) ata o venres, 28 de abril. Este curso está organizado pola Facultade de Xeografía e Historia da UNED en colaboración co Arquivo. Polo de agora matriculáronse 42 persoas de Ourense así como de diversos puntos de España. Esta iniciativa conta co aval científico do Departamento de Historia Medieval, Ciencias e Técnicas Historiográficas da UNED. O AHPOU facilitará documentos que servirán de exemplo para as nocións teóricas. Tamén poderase realizar en liña, ben sexa en directo ou en diferido.
A inscrición está aberta a calquer persoa interesada en achergarse á paleografía medieval sen necesidade de ter coñecementos previos.
Programa do curso e formulario de inscrición nesta ligazón
UNED Ourense
Comunicación