OURENSE, 20 de xaneiro de 2021.- Desde o día 25 de xaneiro ata o 12 de febreiro, ambos inclusive, estará aberto o prazo de matrícula para as persoas que queiran participar nas clases do segundo cuadrimestre da UNED Senior. Estes estudos non regrados están dirixidos a cidadáns maiores de 55 anos. As clases serán na modalidade en liña.
As materias nas que se poden matricular son cinco:
Para formalizar a matrícula cada interesado ten á súa disposición un formulario que pode descargar da web www.unedourense.es, na sección UNED Senior. O prezo é de 25 euros para os alumnos maiores de 55 anos residentes na provincia de Ourense, e de 50 euros para os que residen fóra da provincia ourensá.
O número mínimo de prazas para que se poida realizar o curso de forma virtual é de 10 persoas. A Deputación Provincial de Ourense sufraga o 50% da matrícula das persoas que residen na provincia. Ao facer a inscrición, cada alumno deberá indicar o concepto Matrícula UNED Senior xunto co seu nome e apelidos. O xustificante da transferencia bancaria ou ingreso e o formulario de inscrición poderán ser remitidos por correo electrónico a info@ourense.uned.es indicando no asunto Matrícula UNED Senior ou ben entregando en man no Centro Asociado esa documentación. A conta onde ingresar o importe de matrícula é: ES73 2080 5252 9030 40256790.
Para obter o formulario de inscrición, picar aquí.
UNED Ourense
Comunicación