OURENSE, 10 de xaneiro de 2019.-O Centro Asociado á UNED en Ourense abriu un prazo extraordinario de matrícula na UNED Senior ata o 31 de xaneiro, para as 20 prazas dispoñibles nas seguintes materias do segundo cuadrimestre:
Personaxes destacados que axudaron a forxar a nosa cultura, que se imparte os luns, de 16.30 -18.30 horas: 10 prazas dispoñibles. A docente é a profesora Josefina Pato Lorenzo. As clases comezan o 11 de febreiro.
Para unha saúde integral: Música na historia e o cinema. Esta materia, que se imparte os xoves, de 18.30 a 20.30 horas, 10 prazas dispoñibles. De impartir esta materia encárgase a profesora Tania Cid Rodríguez, e as sesións comezarán o 14 de febreiro. Os impresos para efectuar a matrícula están dispoñibles no Centro Cultural Marcos Valcárcel.