Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A asociación senegalesa ourensá AISO coñeceu a oferta académica da UNED desde o Centro Asociado da cidade 

14 de junio de 2019

O director e o técnico de formación e emprego lles achegaron a realidade da Universidade pública máis grande de España

OURENSE, 14 de xuño de 2019.- Membros da directiva da Asociación de Inmigrantes Senegaleses en Ourense, ( AISO), visitaron esta tarde o centro Asociado á UNED en Ourense para interesarse polas oportunidades que esta Universidade pódelles brindar. Viñeron coa súa presidenta,  Aby  Ndao. Foron recibidos polo director da UNED na cidade, Jesús Manuel García Díaz e polo técnico de formación e emprego e de actividades de extensión universitaria, Luís  Gulín Iglesias. Ás 19.30 horas reuníronse no salón de actos onde o director deulles a benvida ademais de facerlles un resumo do que é a Universidade pública máis grande de España.

Ademais de ver un vídeo institucional da UNED, Luís  Gulín explicoulles como acceder á Universidade con todos os requisitos necesarios. Tamén lles informou do Centro Universitario de Idiomas a Distancia  CUID) así como da oferta tanto de graos como de másteres que ten esta Universidade. No grupo, ademais de  Aby, estaban Iba  Diagne  Sarr,  Khadim  Gaye,  Abdou  Diaw e  Name  Ngone  Ndiaye. Todos mostraron ademais do seu interese, a súa satisfacción polos datos recibidos, que llos trasladarán aos máis dun cento de asociados para que poidan estudar aqueles que o decidan. 

Foi unha sesión cordial e familiar para informar, neste caso, á comunidade senegalesa afincada en Ourense. A UNED segue aberta para achegarse a calquera colectivo cidadán afincado na nosa provincia e que teña necesidade de coñecer a fondo esta institución universitaria. Xa o fixo meses pasados con tres asociacións de venezolanos. E farao con cantas persoas queiran coñecela en calquera recuncho da provincia.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es