Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

R2SUNED, MCUNED, D1SUNED, tres códigos internacionais de análise nuclear, marca da casa

28 de enero de 2021

O grupo de investigación da UNED TECF3IR (Tecnoloxía de Sistema de Fisión, Fusión e de Fontes de Irradiación) creou tres sistemas de análise nuclear de alta precisión, considerados de referencia no seu campo a nivel internacional. 

OURENSE, 28 de xaneiro de 2021.- Os tres inclúen na súa denominación o acrónimo UNED: D1SUNED, R2SSUNED Y MCUNED. Os tres foron solicitados e posteriormente transferidos a institucións e empresas nucleares internacionais de máximo prestixio. Foron obxecto de distincións e agradecemento por parte desas mesmas institucións e publicadas en revistas científicas como Nature Energy.

Carta de agradecemento

O grupo TECF3IR, liderado polo catedrático de Enxeñería Enerxética Javier Sanz, e integrado por, entre outros membrosFrancisco Ogando, Rafael Juárez e Patrick Sauvan. Eles elaboran solucións de análise e deseño nuclear en sistemas moi complejos cun nivel de confiabilidade extraordinariamente competitivo e xera modelos de cálculo e desenvolve software que permite resolver múltiples cuestións no deseño nuclear, co maior nivel de confiablidade posible.

Entre os servizos que prestan se encontra a predicción dos campos de radiación existentes dentro e fora dunha instalación, tanto en plena actividade como en parada técnica; contribúe ao deseño de compoñentes e sistemas de avaliación das respostas nucleares; realiza estudos de seguridade asociada á activación de materiais; colabora en proxectos de protección radiolóxica da instalación xerando mapas de doses dentro e fora dos edificios e analiza e deseña un sistema de blindaxe para protección a traballadores, público e ao edificio en si.

“Os nosos clientes son ITER; Fusion for Energy; IFMIF-DONES; Programa EUROfusion, onde se enmarcan DEMO e JET e o Acelerador Doble Haz do CIEMAT. Contratan os nosos servizos para as máis importantes instalacións para o desenvolvemento da fusión, tanto de ámbito internacional como nacional. E tamén, modelos xeométricos complexos para cálculo como o Modelo E-LITE”, explica o profesor Sanz.

De izda. a dta.: Patrick Sauvan, Javie Sanz, Mauricio García, Francisco Ogando e José Carpio

Xeración UNED

No caso do software MCUNED, R2SUNED e D1SUNED que contribúe á internacionalización e visibilidade da UNED, actúa na simulación do transporte de radiación, as análises se centraron en instalacións de fusión, instalacións de irradiación por aceleradores de alta intensidade e sistemas de residuos radiactivos. Un exemplo da repercusión destas investigacións é, para o líder do grupo TECF3IR, a cuantía da financiación obtida, “O código D1SUNED foi elexido por ITER-IO como código de referencia para os cálculos de doses residuais en ITER. A raíz desta elección ITER-IO asinou  un contrato coa UNED para autorizar unha licencia de uso do código por parte de ITER-IO, ou calquera entidade contratada por ITER. Este contrato, Direct One Step nuclear analysis software package”, supón 749.520€ e contempla a licencia de uso, mantemento e actualización do mesmo”.

Patrick Sauvan explica en que consiste cada ún dos sistemas con referencia á UNED: “Estos software son códigos de transporte de radiación que permiten realizar análises nucleares. Os tres son melloras do código de transporte de radiación do Laboratorio Nacional de Los Alamos (EE.UU.) MCNPX e MCNP, nos que se implementaron capacidades para facer fronte a novos problemas atopados nas anláises de nucleares das instalacións de fusión. O código MCUNED (o primeiro que desenvolvimos), está enfocado ao transporte de deuteróns en aceleradores. Os códigos R2SUNED e D1SUNED permiten avaliar a dose residual – que é unha radiación inducida durante o funcionamento da instalación e que perdura varios meses (anos) despois da parada da instalación – utilizando dúas metodoloxías distintas. Ambalas dúas son complementarias segundo o tipo de problema estudado. Poñer UNED no nome dos códigos empezou co código MCUNED porque soaba ben, despois démonos conta que era un bo método para dar visibilidade á Universidade e seguimos con ese costume".

Aida Fernández Vázquez

Comunicación UNED

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es