OURENSE, 24 de Setembro de 2021.-Por primeira vez inclúe unha dotación económica que respalda o prestixio do galardón. Trátase da cantidade de 1.000 € que se entregarán nun acto público na universidade. O prazo de presentación das solicitudes exténdese ata o 1 de decembro e as candidaturas se presentan mediante a sede electrónica.
As bases do Premio de Igualdade especifican que “ten como obxecto distinguir a calquera membro da comunidade universitaria que elaborara e implantara boas prácticas en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes; incluíndo a perspectiva feminista no servizo prestado á comunidade universitaria e promovendo cualquera das medidas contempladas polo actual Plan de Igualdade da Universidade”.
Pode presentarse ao certame cualquera membro da comunidade universitaria, individualmente ou en equipo. Valoraranse as iniciativas que potencian algunha medida que aumente a igualdade ou detecten e erradiquen cotas de desigualdade en todo os segmentos de actividade da universidade.
O proxecto presentado ten que incluir a perspectiva feminista no servizo prestado á comunidade universitaria e debe axustarse a calquera das medidas adotadas no Plan de Igualdade da UNED . Para presentarse hai que acreditar: que a candidatura presentada realizou polo menos nos dous anos anteriores a convocatoria, actividades encamiñadas á igualdade de oportunidades; resultados concretos do traballo da candidatura a favor da igualdade e o recoñecemento e valoración que del teñen os beneficiarios deste ou doutros organismos públicos; o número aproximado de persoas beneficiadas de forma directa ou indirecta dos logros obtidos; e a traxectoria e compromiso no respecto aos valores da igualdade. Se valoran tamén outros méritos que os individuos ou colectivos solicitantes estimen convintes e que axudaran a fomentar o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da UNED.
Na III edición do Premio resultou gañadora UNED Denia , en loita con outra media ducia de proxectos, pola apertura e xestión do seu Observatorio de Igualdade, con máis de 103 accións documentadae e máis de 15.000 participantes.
Para calquera información adicional: igualdad@adm.uned.es
Aida Fernández Vázquez
Edición web: Rafael Carretero del Puerto
Comunicación UNED