OURENSE, 28 de novembro de 2019.- Na sede do Reitorado da Universidade Nacional de Educación a Distancia, en Madrid, vai asinar este venres, día 29 de novembro, o convenio polo que a UNED vai colaborar cientificamente no proxecto de posta en marcha dun Centro de Intelixencia Artificial na cidade de Ourense, como dispuxo o goberno municipal. Ás nove da mañá, o reitor, Ricardo Mairal Usón e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, rubricarán o acordo. A UNED é unha das universidades coas que o Concello de Ourense contactou para obter a súa colaboración neste proxecto. Por parte reitoral, acompañarán a Mairal a vicerreitora de Investigación e Transferencia, Rosa María Martín Aranda, así como o director da Escola Superior de Enxeñería Informática, Rafael Muñoz Tomás; o director do departamento de Intelixencia Artificial da UNED, Mariano Recuncho Zamorano, o director da OTRI, Sixto Jansa Anadón, e o director do Centro Asociado á UNED en Ourense, Jesús Manuel García Díaz. Por parte municipal viaxarán co alcalde a asesora Zaida María Alejos Garrido e o coordinador do futuro Centro de Intelixencia Artificial, David Nicholas Olivieri.
O Centro de Intelixencia Artificial de Ourense é unha aposta persoal do alcalde de Ourense, Pérez Jácome, no seu obxectivo por dinamizar a cidade. Esta firma de convenio segue á reunión mantida por ambas as institucións o pasado mes de xullo no Reitorado, na que o alcalde manifestara #ante o reitor que un elemento para o desenvolvemento dunha provincia deprimida debe pasar por fomentar a I+D+i e engadiu que o seu obxectivo respecto ao novo centro é dar traballo polo menos a un centenar de científicos no próximos catro anos de mandato. A resposta reitoral foi positiva e agora materializarase esa colaboración.