OURENSE, 22 de outubro de 2020.- A presente convocatoria ten por obxecto recoñecer o labor das entidades colaboradoras que contribuíron á formación práctica dos estudantes da UNED, mediante a realización de prácticas profesionais curriculares e extracurriculares. En concreto, esta convocatoria ten como finalidade a concesión de 10 premios repartidos en 5 categorías a entidades colaboradoras que durante o curso 2019/2020 destacaron na xestión e desenvolvemento de prácticas profesionais para os estudantes da UNED nas seguintes categorías:
1. Prácticas profesionais como vía de inserción laboral na entidade colaboradora. 2 premios.
2. Modalidade virtual nas prácticas profesionais. 2 premios.
3. Prácticas profesionais inclusivas. 2 premios.
4. Prácticas profesionais integradas (curricular + extracurricular). 2 premios.
5. Adaptación das prácticas profesionais á situación xerada pola COVID-19. 2 premios
Se un premio recaese nunha Administración Pública, entidade do sector público ou organismo público, o premio terá carácter honorífico sen dotación económica e a contía do premio sería destinado a accións relacionadas coa COVID 19.
Poderán ser solicitantes todas aquelas entidades colaboradoras que acollesen estudantes en prácticas profesionais tanto curriculares como extracurriculares durante o curso 2019/2020. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación no BICI da UNED das Bases reguladoras desta convocatoria.
Ligazón á publicación no BICI:
https://www2.uned.es/bici/Curso2020-2021/201019/3-0sumario.htm
UNED Ourense
Comunicación