OURENSE, 21 de outubro de 2020.- Eses traballos de fin de grao ou de mestrado poderán ser realizados sobre calquera área de coñecemento, baixo unha ou varias das temáticas cubertas polos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.
Aos premios poden optar estudantes con cidadanía dun país membro da Comunidade Iberoamericana ou de calquera Estado da Unión Europea, que finalizasen os seus estudos destinados á obtención do título (Grao ou Mestrado) durante o curso académico 2019-2020 e que defendesen o TFG ou o TFM nunha institución de educación superior asociada á Crue Universidades Españolas. Os traballos premiados recibirán un diploma acreditativo e serán publicados en papel e en soporte electrónico nas páxinas web da Fundación Carolina, a AECID e Crue Universidades Españolas.
As candidaturas formalízanse única e exclusivamente por medio da plataforma tecnolóxica dos Premios desde onde os solicitantes han de rexistrarse e trasladar os datos académicos solicitados, segundo as bases definidas polas institucións convocantes; e achegar os seus traballos.
A convocatoria abriu o 15 de outubro e finalizará o próximo 30 de novembro de 2020.
Toda a información, bases e acceso á plataforma para o envío de traballos, pódese atopar na páxina https://www.fundacioncarolina.es/premios-universidade-coñecemento-e-axenda-2030-ii- edicion/
UNED Ourense
Comunicación