Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Preinscrición nos Programas de Doutoramento da UNED

31 de mayo de 2024

Do 1 ao 30 de xuño os interesados poderán apuntarse abrindo camiño para facer unha investigación científica, desde a Escola Internacional de Doutoramento. Nesta defendéronse no curso pasado 158 teses. O título de doutor é o de máis alto nivel no mundo académico.

OURENSE, 31 de maio de 2024. O próximo sábado, día 1, e ata o 30 de xuño, ábrese o prazo para solicitar a preinscripción nos Programas de Doutoramento da UNED. Nesta universidade hai 21 programas para afrontar unha tese doutoral. 

Acceso aos programas de doutoramento

Unha tese doutoral é un traballo orixinal de investigación, e é a culminación do doutoramento. Debe ser elaborada polo investigador en formación sobre un tema relacionado co ámbito de estudos ao que pertence o Programa de Doutoramento no que estea inscrito. A súa presentación e defensa permite obter o título de doutor, que é o recoñecemento académico de máis alto nivel que ofrece a Universidade española, que o capacita para o traballo autónomo no eido da I+D+i.

Aquí tes todas as modalidades de teses

Neste momentos, la Escola Internacional de Doutoramento da UNED (EIDUNED) conta con 2.059 doutorandos distribuidos nos 21 programas que ofrece. De eles, 1.183 son homes e 876, mulleres. Deste grupo de estudantes 1.754 son españois mentras que 305 residen noutros países.

No curso pasado, 2022/2023, na UNED defendéronse 158 teses doutorais (96 delas feitas por homes, e 62 por mulleres). 

No presente curso 2023/2024, que terminará, a efectos oficiales o 1 de octubro, ata o momento estanse realizando 98 tese nos seguintes programas:

  • Artes e Humanidades: 26
  • Ciencias: 6
  • Ciencias Sociais e Xurídicas: 48
  • Ciencias da Saúde: 7
  • Enxeñaría e Arquitectura: 11

Histórico de teses doutorais defendidas na UNED desde o ano 2013:

  • Curso 2013/2014: 6 teses.
  • Curso 2014/2015: 19 teses.
  • Curso 2015/2016: 39 teses.
  • Curso 2016/2017: 97 teses.
  • Curso 2017/2018: 123 teses.
  • Curso 2018/2019: 167 teses.
  • Curso 2019/2020: 156 teses.
  • Curso 2020/2021: 186 teses.
  • Curso 2021/2022: 163 teses.
  • Curso 2022/2023: 158 teses.
  • Curso 2023/2024: 72 teses ata a data. 
  • Total teses defendidas: 1.186. Entre estes doutores hainos de 58 nacionalidades distintas.

Durante a realización da tese doutoral, todos os doutorandos contan co apoio e supervisión dun titor e de ún ou varios directores de teses. Tamén, existe unha supervisión establecida de maneira regular, pola Comisión Académica do Programa de Doctoramento que o doutorando curse. O director da tese ten a responsabilidade xeneral de guiar as actividades de investigación do doutorando no seu conxunto. 

Con frecuencia, as persoas que se encargan da titoría e da dirección da tese coinciden. O nomeamento do director de tese e do titor, no seu caso, é competencia da Comisión académica do Programa de doutoramento no que o investigador en formación se matricula. Ao realizar o nomeamento, sóese ter en conta a proposta ou preferencia manifestada polo propio investigador sobre a persoa que poda desenvolver ese papel. Cada Programa de Doutoramento establece cando e como manifestar a proposta de dirección de teses, como pode consultarse na guía de estudos correspondente.

O nomeamento de director de tese pódese modificar ao longo do proceso de elaboración da tese doutoral, sempre que se dean razóns xustificadas. Así, o director dunha tese pode renunciar a unha dirección; ao igual que o investigador en formación pode solicitar un cambio de dirección á Comisión Académica do Programa de Doutoramento. Nos dous casos, débese valorar a proposta e os motivos que se argumentan para levala a efecto.

A EIDUNED é unha das escolas de doutoramento máis salientables de España, pola actividade investigadora que promove. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es