OURENSE, 24 de abril de 2019.-Dentro da semana cultural que organizan todos os anos no colexio diocesano Pablo VI da Rúa, a UNED presentou a súa oferta de graos universitarios a todos os estudantes interesados. Esta actividade desenvólvese ademais dos cursos de formación que se realizan no centro valdeorrés durante todo o ano. A Universidade Nacional de Educación a Distancia, cuxos primeiros pasos en Ourense deunos precisamente nunha zona de aulas e despachos habilitada en 1991 neste mesmo colexio da diocese de Astorga, quere darse a coñecer nas comunidades estudantís ante quenes o ano próximo van iniciar estudos superiores. Hoxe na vila ruesa hai un Aula Universitaria (ubicada no colexio público Manuel Respino), integrada no Centro Asociado á UNED en Ourense.
Xunto coa UNED, os alumnos compartiron xornada coa Universidade Europea, o IES Xermán Ancochea Quevedo, a Universidade de Navarra, as Forzas Armadas, e demais entidades, achegando aos estudantes a súa oferta formativa e saídas profesionais.
A xornada comezou ás 11:30 h cos alumnos da ESO e Bacharelato do Colexio Pablo VI da Rúa, para continuar despois coa visita dos alumnos da ESO e Bacharelato do Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras, tamén convidados polo departamento de Orientación do colexio diocesano rues.