Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Os catro centros asociados da UNED en Galicia sumáronse á homenaxe a Rosalía de Castro no compostelán Panteón de Galegos Ilustres

29 de julio de 2019

Este ano fixo a ofrenda floral en representación da Universidade o director do Centro Asociado de Ourense nun acto presidido polas primeiras autoridades da Comunidade Autónoma

OURENSE, 29 de xullo de 2019.- Os catro Centros Asociados á UNED en Galicia, coas súas respectivas Aulas Universitarias, establecidos nas catro provincias da Comunidade, participaron un ano máis na homenaxe a Rosalía de Castro, celebrado no Panteón de Galegos Ilustres de Santo Domingo de Bonaval, en Santiago de Compostela. Nesta ocasión representou á UNED/UNED en Galicia o director do Centro Asociado de Ourense, Jesús Manuel García.

Este acto, tan solemne como sinxelo, está organizado pola Fundación Galicia Milenio e consta sempre de dous partes: unha misa en galego en recordo de Rosalía de Castro e en segundo lugar, a ofrenda floral #ante o sepulcro da poetisa e no Panteón de Galegos Ilustres. Na  monumentalidade da igrexa  dominica compostelá soaron as voces do coro  Ludus  Tonalis, que interpretou varias composicións no acto litúrxico, desde Mozart ata Marco  Frisina, pasando por pezas de  Hans Leo  Hassler, Manuel Ángel Viro e Rupert  Twine.

Ao acabar a misa, á que acudiron as primeiras autoridades de Galicia, encabezadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o  conselleriro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices. Produciuse o acto de ofrenda floral. Nel participaron numerosas institucións e organizacións tanto de Galicia como do mundo da emigración. Nesta ofrenda colaborou a Asociación  do  Traxe  Galego. Cada  oferente foi acompañado ata a tumba de Rosalía de Castro por un home e unha muller vestidos con traxes típicos galegos, os cales portaban o centro floral. 

Mentres este acto tivo lugar, o coro interpretou catro composicións que cargaron de emoción en recinto. Así, a medida que os  oferentes íanse sucedendo no percorrido ata a tumba da poetisa, soou o  Congaudeant  catholici, texto do  Codex  Calixtinus; Aquel  paxariño, texto popular con arranxos de Rupert  Twine; Campás de  Bastabales, texto de Rosalía de Castro con arranxos de A. Barja; Negra sombra, con texto de Rosalía de Castro e música de Xoán Montes. Estas dúas últimas composicións soaron con tal solemnidade baixo as bóvedas do templo que emocionaron a máis dun asistente.

O último en  ofrendar flores á poetisa foi o presidente da Xunta quen ademais depositou unha coroa de loureiro sobre o sartego  pétreo que garda os restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Tras a foto de todos os  oferentes colocados #ante a capela maior, ao longo do  transepto, todos os asistentes cantaron o Himno  Galego, cuxo texto é do poeta Eduardo Pondal, con música de Pascual Veiga.

A UNED, que cos seus catro centros abarca todo o territorio galego, quixo así estar presente de novo neste acto que forma parte do sentir de Galicia e que desde hai décadas repítese cada 25 de xullo pola tarde, na xornada máis compostelá do ano. Como universidade pública máis grande de España, a UNED forma cada ano a miles de estudantes galegos nas catro provincias.

Texto: Centro Asociado á UNED en Ourense

Fotos: Fuco Reyes

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es