OURENSE, 19 de decembro de 2020.-Durante o período de Nadal, o Centro Asociado á UNED en Ourense ofrecerá atención ao público exclusivamente en horario de mañá, os días 21 de decembro; 4,5,7 e 8 de xaneiro de 2021, de 09.00 a 14.00 horas. As nosas instalacións permanecerán pechadas desde o día 22 de decembro ata o 3 de xaneiro, ambos inclusive. A Dirección así como todo o persoal administrativo que traballa en UNED Ourense queremos desexarche unhas moi felices festas de Nadal e un novo ano cheo de felicidade, saúde, tolerancia e moita sabedoría.
UNED Ourense
Comunicación