OURENSE, 28 de xaneiro de 2020.- O profesor Afonso Vázquez Monxardín tivo o detalle de achegarse esta semana ata a aula da UNED Senior en Ourense, para falar aos seus alumnos sobre a figura do escritor, investigador e profesor que dá nome ao Centro Cultural da Deputación de Ourense: Marcos Valcárcel. Ante o interese suscitado entre varios alumnos para coñecer mellor a esta figura do Ourense recente, Monxardín aceptou falar sobre o seu gran amigo. Disertou moi someramente sobre a súa biografía, que ben a coñece dado que ambos foron amigos desde a infancia. Mesmo foron en dúas oposicións, agregados e cátedra, e dos seus doutoramentos. Falou tamén da inmensidade de escritos, tanto de investigación como de compromisos varios para revistas, xornais, etc. Lembrou Monxardín que Marcos Valcárcel pasou a súa vida académica diante do computador.
Destacou a súa amabilidade extraordinaria con todo o mundo e o feito de non ser unha persoa nada prepotente, senón todo o contrario. Contou Vázquez Monxardín que a vida docente de Marcos Valcárcel foi igual que a súa propia vida: tranquila. Nunca cambiou de instituto, sempre foi docente no da Carballeira, a pesar de ter méritos para facelo.
Monxardín fixo gala de prudencia e apenas citou detalles da vida privada, aínda que non puido evitar lembrar o desgusto que levaron os seus amigos (que son e eran moitos) cando a Marcos Valcárcel detectáronlle a súa grave enfermidade aos 50 anos. Arroupáronlle canto puideron. Isto viuse na homenaxe que lle fixeron cando xa a súa saúde estaba moi deteriorada. O relator proxectou un vídeo daquela homenaxe, non carente de emoción. Os alumnos da UNED Senior gozaron con esta intervención e na aula escoitábase algún comentario acerca da posibilidade de facerlle a Marcos Valcárcel unha nova pero póstuma homenaxe, digna da súa persoa e da súa obra.