Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Chega a convocatoria xaneiro-febreiro de exames na UNED

13 de enero de 2025

En UNED Ourense ofrecemosche algunhas claves para que afrontes esta convocatoria coa máxima seguridade e confianza, evitando contratempos de última hora que perturben a túa tu concentración.

OURENSE,13 de xaneiro de 2025. O primeiro período de exames na UNED comeza o vindeiro luns, 20 de xaneiro de 2025. Se te matriculaches por primeira vez na nosa universidade e non participaches previamente nestas probas presenciais, é posible que che xurdan dúbidas. Por iso informámosche dalgunhas claves para que afrontes os exames coa máxima seguridade e confianza, evitando contratempos de última hora. De todos os xeitos, dispós de máis información detallada sobre como examinarte na UNED, tanto de Grao como de Mestrado Universitario, na seguinte ligazón

1. Os estudantes do Centro Asociado UNED Ourense deben realizar os exames na sede principal de Ourense.

Na aula UNED da Rúa non se realizan exames. O Centro Asociado UNED Ourense localízase en Urbanización Torres do Pino, s/n, baixo, 32001, Ourense. Se desexas examinarte noutro Centro Asociado da UNED, distinto ao que estás matriculado, debes solicitalo por escrito, á atención do director do Centro Asociado onde queres realizar a proba, xunto a unha fotocopia do resgardo de matrícula. Nesta páxina de información xeral sobre como examinarse dun Grao na UNED, dentro do apartado Onde podo examinarme?, tamén che explica este trámite, que debe realizarse polo menos 15 días antes da convocatoria de exames. 

2. Prográmanse dúas semanas, en xaneiro e febreiro, para realizar os exames das materias do primeiro cuadrimestre. 

A primeira semana de probas presenciais terá lugar do 20 ao 24 de xaneiro. A segunda semana, do 3 ao 7 de febreiro. Entre elas hai unha semana intermedia sen exames e sen titorías.

3. Debes escoller unha única data para realizar o exame de cada materia. 

Nas convocatorias ordinarias de exames (xaneiro-febreiro e maio-xuño) tes a disposición dúas datas para realizar a proba de cada materia, unha na primeira semana e outra na segunda semana. Non está permitido examinarse dunha mesma materia nas dúas semanas. 

4. Cada xornada de exames está organizada en catro sesións. 

Prográmanse probas presenciais en quendas de mañá (ás 9:00h e ás 11:30h) e tarde (ás 16:00h e ás 18:30h). 

5. Cada exame ten unha quenda diferente en cada semana (mañá ou tarde) para axudarche a conciliar os teus estudos coa túa vida persoal e laboral. 

Consulta o calendario de exames para coñecer que quenda axústase mellor ás túas necesidades. 

6. Non te esquezas o carné de estudante deste curso académico 2024/2025 e o documento de identidade (DNI, NIE ou pasaporte).

Debes identificarte cara o tribunal con estes documentos, así que se non os traes contigo o día do exame non poderás acceder ao mesmo. Se non dispós do carné de estudante, contacta co Centro Asociado. 

7. Chega a cada quenda de exames con, polo menos, 15 minutos de antelación. 

Desta maneira, poderás acceder á aula de exames sen présas innecesarias e dispoñer do tempo máximo asignado a cada proba. Na páxina principal do teu exame, xunto aos teus datos, indícase a hora de inicio e de finalización da proba. 

8. Todos os dispositivos electrónicos e dixitais deberán estar apagados para acceder ao exame. 

Está rigorosamente prohibido acceder á aula con calquera tipo de dispositivo aceso. Todos os estudantes son advertidos no propio centro ao chegar e unha vez están sentados na aula, de modo que se algún contravén esta norma, arríscase a que o seu exame lle sexa retirado polos membros do Tribunal. 

9. Se chegas algo tarde, podes entrar ata 30 minutos despois do comezo de cada quenda.

Con todo, ten en conta que este atraso poderase restar do tempo dispoñible para realizar a proba se esta é de longa duración. 

10. Non se poderá abandonar a aula ata pasados 30 minutos do comezo de cada quenda. 

11. Revisa os datos da páxina principal do teu exame para comprobar que todo está correcto. 

Tóma uns minutos para ler os enunciados e as instrucións que o equipo docente inclúe en cada proba. 

12. Se o día do teu exame tes algún proceso gripal ou catarral, accede ao centro asociado utilizando máscara para evitar o contaxio de todas as persoas que estarán contigo na aula de probas presenciais. 

Más información

  • Secretaría do C.A. UNED Ourense, no teléfono 988 37 14 44 ou no correo electrónico info@ourense.uned.es
  • Secretaría da Aula UNED de A Rúa, no teléfono 988 33 60 38 ou no correo electrónico info@a-rua.uned.es

Síguenos en redes

UNED Ourense

Comunicación

Campus NoroesteVisítanos
Canal UNEDAccede
Sede ElectrónicaAccede
Oficina de PrácticasOficina Prácticas
Librería Virtual UNEDAccede
Convocatoria Venia Docendi 2024-2025Accede
UNIDIS DiscapacidadAccede
Calendario académico 2024-2025Accede
BibliotecaAccede
Horarios OurenseHorarios OurenseHorarios OurenseHorarios A RuaHorarios A Rua
Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es