Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Nova convocatoria de exames

16 de mayo de 2024

Os estudantes de UNED Ourense terán as probas presenciais nas semanas do 20 ao 24 de maio e do 3 ao 7 de xuño. Ofrecémosche varios consellos para abordar eses exames da mellor maneira.

OURENSE, 16 de maio. As probas presenciais correspondentes á convocatoria de maio/xuño do curso académico 2023/2024 terán lugar do 20 ao 24 de maio (1ª Semana) e do 3 ao 7 de xuño (2ª semana) en UNED Ourense. 

Comprueba el calendario

Antes de vir ao Centro Asociado, revisa o calendario de exames: titulación, carreira e semana de probas presenciais. 

Podes vir en autobús urbano ou en coche. Se utilizas coche, terás varias prazas no recinto de aparcamento das Torres, fronte ao centro universitario. Ao terminar o exame, deberás retirar o teu tu coche do aparcamiento, con máis razón se a praza ocupada non é da UNED. Se durante o exame te espera algún amigo ou familiar, non poderá pasear pola zona de xardín privado das Torres do Pino, e tampouco pasear mascotas. 

Convén ter presentes os siguientes detalles:

1. Os estudantes de UNED Ourense deben realizar os exames na sede principal de Ourense.

Na Aula UNED de A Rúa non se realizan exames. O Centro Asociado UNED Ourense localízase na Urbanización Torres do Pino, s/n, baixo, 32001, Ourense. 

Se desexas examinarte en outro Centro Asociado da UNED, distinto ao que estás matriculado/a, debes solicitalo por escrito, á atención do director do Centro Asociado onde queres examinarte, xunto a unha fotocopia do resgardo de matrícula. Nesta páxina de información xeral sobre como examinarte dun Grao na UNED, dentro do apartado ¿Onde podo examinarme?, tamén che explica este trámite, que debe realizarse alomenos 15 días antes da convocatoria de exames. 

2. Prográmanse dúas semanas, en maio e xuño, para realizar os exames das materias do segundo cuadrimestre.

A primeera semana de probas presenciais terá lugar na penúltima semana de maio. A segunda coincide coa segunda semana de xuño. Entre elas hai unha semana intermedia sen exames e sen titorías.

3. Debes escoller unha única data para realizar o exame de cada materia. 

Nas convocatorias ordinarias de exames (xaneiro-febreiro e maio-xuño) tes a disposición dúas datas para realizar a proba de cada materia, unha na primeira semana e outra na segunda semana. Non está permitido examinarte dunha mesma materia nas dúas semanas.

4. Cada xornada de exames está organizada en catro sesións.

Prográmanse probas presenciais en quendas de mañá (ás 9:00h e ás 11:30h) e de tarde (ás 16:00h e ás 18:30h).

5. Cada exame ten unha quenda diferente en cada semana (mañá ou tarde) para axudarche a conciliar os teus estudos coa túa vida persoal e laboral.

Consulta o calendario de exames para coñecer que quenda se axusta mellor ás túas necesidades.

6. Non te esquezas o carné de estudante deste curso académico 2023/2024 e o documento de identidade (DNI, NIE ou pasaporte). Debes identificarte cara o tribunal con estes documentos, de xeito que, se non os traes contigo o día do exame, no poderás acceder ao mesmo. Accédese co carné de estudante e sálese do exame co DNI.

Se non tes carné de estudante ou se o que tes non é válido (o prazo de validez indícase no anverso do carné), tes que solicitar un novo carné de estudante.

  • Por email: Envía un email a info@ourense.uned.es incluíndo:
    • Foto tipo carné en formato jpg e de 400x500 píxeles
    • Copia escaneada do DNI ou documento de identidade
    • Direción postal onde recibirás o teu carné de estudiante
  • No centro asociado. Podes acudir en horario de secretaría. Facémosche a foto e entregámosche o carné no momento.

Se o desexas, podes descargar a túa tarxeta universitaria intelixente e ter o carné no móbil

Se eres antigo estudante e tes ou tiiveches con anterioridade o carné físico con fotografía, podes descargar a App da UNED  e así dispoñer no mobil da tarxeta universitaria intelixente ou o carné de estudante.

Se eres novo estudante e desexas ter a tarxeta universitaria intelixente no móbil, antes de descargar a App da UNED e para quena túa ficha de estudante apareza a túa fotografía e así poder comprobar a túa identidade, envía a seguinte documentación a info@ourense.uned.es, indicando que desexas descargar a aplicación:

  • 1 Fotografía tipo carné en formato jpg, con resolución mínima de, alpmenos, 400 píxeles de ancho e 500 de alto.
  • Copia escaneada do documento de identidade (DNI, Pasaporte, carné de conducir).

7. Chega a cada quenda de exames con, alomenos, 30 minutos de antelación.

Desta maneira, poderás acceder á aula de exames sen presas innecesarias e dispoñer do tempo máximo asignado a cada proba. Na páxina principal do teu exame, xunto as teus datos, indícase a hora de inicio e a de remate da proba así como o material que poderás utilizar no exame, en caso de permitilo.

8. Se chegas algo tarde, podes entrar ata 30 minutos despois do comezo de cada quenda. 

Con todo, ten en conta que este retraso poderá restar do tiempo dispoñible para realizar a proba se esta é de longa duración

9. Non se podrá abandoar a aula ata pasados 30 minutos do comezo de cada sesión.

10. Revisa os datos da páxina principal do teu exame para comprobar que todo está correcto.

Tómate uns minutos para ler os enunciados e as instrucións que o equipo docente inclúe en cada exame.

11.Respecta as medidas de seguridade que rexen dentro da aula de exames. Non se pode acceder con teléfonos móbiles encendidos, teñen que estar totalmente desconectados, non vale modo avión nen silencialos. Tampouco se poden empregar auriculares nen pulseiras intelixentes. Non pode haber ningún dispositivo electrónico encendido. Non respectar estas normas pode custar un contratempo ao estudante, pois anularáselle o exame por parte do Tribunal.

Máis información

  • Secretaría de UNED Ourense, no teléfono 988 37 14 44 ou no correo electrónico info@ourense.uned.es
  • Secretaría da Aula UNED de A Rúa, no teléfono 988 33 60 38 ou nol correo electrónico info@a-rua.uned.es

Síguenos en redes

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es