Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED e a Secretaría Xeral de Emigración lanzan un titorial para axudar aos estudantes extranxeiros a estudar nas eros a estudiar nas universidades españolas

23 de febrero de 2021

O director de UNED Ourense e o secretario xeral protagonizan a iniciativa para que os estudantes do exterior podan obter o certificado dixital de UNEDasiss

OURENSE, 23 de febreiro de 2021.-A Secretaría Xeral de Emigración ofrece desde este sábado, un titorial sobre as probas de competencias específicas de estudantes estranxeiros que realiza a Universidade Nacional de Educación Distancia (UNED), e que se poden realizar tras solicitar a Acreditación UNEDasiss. Trátase dun certificado dixital que permite ao alumnado participar nos procesos de admisión á universidade española.

O titorial, no que se especifica tanto a maneira de conseguir a acreditación como a realización das probas específicas, foi impartido polo director da UNED en Ourense, Jesús Manuel García Díaz, acompañado do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda e, no mesmo, explícanse todas as cuestións que poden interesar aos estudantes estranxeiros con bacharelato homologado que queren cursar algunha carreira na universidade española. A acreditación consiste na valoración dos expedientes académicos obtidos en sistemas educativos internacionais dunha maneira homoxénea e regulada e inclúe tamén as cualificacións de probas de competencias específicas realizadas na UNED. Precisamente, sobre estas probas os interesados teñen desde o 22 de febreiro para solicitar a súa inscrición a través da web de UNEDasiss .

 

Para ver o titorial premar aquí .

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es