OURENSE, 20 de xuño de 2023. O vindeiro día 28, mércores, celebrarse o acto de clausura do curso da UNED Sénior no Teatro principal de Ourense. Comezará ás 19.00 horas e contara cun concerto a cargo dos membros do Campamento da Escola Galega de Dirección de Bandas. Antes da parte lúdica do acto, intervirán a coordinadora de UNED Senior Ourense, Concepción Álvarez Gómez e o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz. A este acto no só os membros de UNED Sénior, poderán asistir senón cantas persoas queiran. Preparáronse tarxetas de convite que serán entregadas á entrada, ata completar aforo. Será unha velada doada como xa resultou na edición do curso anterior, e moi agradecida polos estudantes Sénior de UNED Ourense.
O concerto divídese en dúas partes. Na primeira actuarán nenos de 7 a 11 anos. Interpretarán os seguintes temas: Mateu, de Azael Tormo; Hey Jude, arranxos de J. Bockok; Chu chu cha cha, de Watten Barker e Por que te vas, de Jeanette. Na segunda parte, tocarán mozos de 12 a 18 anos. Interpretarán as seguintes composicións: Jacobsland, de Álvaro Cámara; Mountain Moments, de Luis Carlos Neves Serra; Choiva de rosas, de Jesús Antonio Ramón Gil; Eighties Flasback, de Paul Murtha e Eurovisión, con arranxos de Azael Tormo.
Xunto a este concerto, a clausura do curso de UNED Sénior inclúe unha excursión cultural destes estudantes á cidade de A Coruña para visitar a exposición Picasso, branco no recordo azul, no Museo de Belas Artes.
UNED Ourense
Comunicación