Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED achégase aos preuniversitarios ourensáns 

23 de enero de 2025

O director realizará un novo periplo polos IES e colexios que teñen Bachalerato, para falar da UNED á mocidade do segundo curso. Este percorrido comezará o día 28 de xaneiro na vila de O Barco.

OURENSE, 23 de xaneiro de 2025. A UNED volve aos centros de ESO da nosa provincia ourensá para achegarse aos estudantes que cursan o segundo nivel de Bacharelato, o previo a ingresar na Universidade. Un ano máis, desde UNED Ourense, o seu director, Jesús Manuel García Díaz, falará a eses mozos cos que establece unha empatía especial, para contarlles como é a UNED, como se estuda nela e que se espera dun universitario. A nova visita a eses centros comezará xa este mesmo mes, concretamente o martes, 28 de xaneiro, para dirixirse aos preuniversitarios dos dous institutos do Barco de Valdeorras. Así, visitará o IES Lauro Olmo e o IES Martaguisela. O xoves, día 30, fará o mesmo cos estudantes de segundo de Bacharelato do IES Julio Prieto Nespereira, na cidade de Ourense. E xa en febreiro, o día 6, este encontro celebrarase no IES 12 de Outubro tamén na capital da provincia.

Aos poucos iranse organizando novas visitas, tanto nas comarcas ourensás como nos centros da capital. Nestes encontros os mozos coñecen a estrutura da universidade pública máis grande de España, en número de estudantes, así como o maior campus de Europa. Desde hai máis de 50 anos dedícase a universalizar un Ensino Superior de calidade a través dun modelo de ensino en liña e semipresencial, líder no seu sector. Máis de 200.000 estudantes, cada ano, avalan a metodoloxía innovadora da UNED, soportada por unha plataforma tecnolóxica en constante evolución, que combina a docencia en liña e o acompañamento presencial. Grazas a este sistema, a UNED proporciona aos seus estudantes un modelo flexible, adaptado ás súas necesidades individuais.

Na UNED o estudante convértese en protagonista da súa propia aprendizaxe, tal e como establece o Sistema Europeo de Educación Superior. E todo iso sen notas de corte en estudos de Grao, e adaptando o estudo á forma de vida de cada estudante. Os mozos ourensáns coñecerán os 30 graos que ofrece a UNED, os graos combinados, os microtítulos e #máster universitarios, ademais dos programas de doutoramento, entre outra moita oferta formativa.

As visitas do director de UNED Ourense ilustran aos mozos acerca do que se van a atopar no próximo curso, cando accedan á universidade. E son sempre un acicate para animalos a seguir nos seus estudos, dando o mellor de cada un. Para que se formen ben, que adquiran un pensamento forte cunha formación forte, que non se conformen cun pensamento débil, en definitiva, que aprendan a estar no mundo do século XXI sen renunciar aos valores e ao pensamento crítico.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es