OURENSE, 25 de maio de 2023. A UNED celebrará en Ourense un curso de Prevención e intervención en conducta suicida na infancia e na adolescencia, que tenrá lugar do 12 ao 16 de xuño na sede de UNED Ourense. O aumento dos trastornos e problemas emocionais na infancia e na adolescencia constitúe unha das principais preocupacións nos diferentes ámbitos de actuación como a Sanidade, a Educación, os Servizos Sociais o as Forzas e Corpos de Seguridade. Nesta actividade formativa preténdese abordar a prevención ante o risco de posibles condutas suicidas. Ao mesmo tempo intentamos achegar ferramentas para os diversos profesionais e as familias en relación á importancia e necesidade de promover a saúde mental no eido educativo.
Consta de 22 horas lectivas e da dereito a 1 crédito ECTS. As sesións serán presenciais. Da docencia encargarase Yerma González Hevia, psicóloga sanitaria e forense que traballa en Intervención con población infanto-xuvenil.
PROGRAMA
Luns, 12 de xuño
Mércores, 14 de xuño
Xoves, 15 de xuño
Venres, 16 de xuño
As prazas son limitadas, pois só hae 35. Este curso foi declarado de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade. Tamén foi solicitada a homologación provisional á Academia Galega de Seguridade Pública e os créditos para estudantes da Universidade de Vigo.
Matrícula Ordinaria
O seu prezo é de 35 €
Este curso está dirixido por José María Failde Garrido, profesor Titor de UNED Ourense, doutor en Psicoloxía e profesor Titular da Facultade de Educación (Uvigo) na Área de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos. O coordinador é Jesús Alberto Carballo Bouzas, licenciado en Psicoloxía e profesor Titor de Psicoloxía en UNED Ourense.
UNED Ourense
Comunicación