OURENSE, 14 de febreiro de 2019.- A UNED pon en marcha un curso de Portugués co obxectivo de mellorar as habilidades de comunicación e o coñecemento desta lingua nos profesionais do ámbito sociosanitario e que lles permita traballar con maior seguridade e eficacia. Este curso celebrarase do 12 de marzo ao 23 de abril de 2019, en horario de 18:00 a 21:00 h., no Cefore Sección de Verin, situado no IES Taboada Chivite. Consta de 30 horas lectivas e en trámite está a obtención de 1,5 créditos ECTS. O docente será José Manuel López López, profesor de Portugués na E.Ou.I de Ourense e Instrutor de Mindfulness (Quietude Mindfulness Center), avalado polo Máster de Mindfulness da Universidade de Zaragoza e da de Santiago de Compostela.
O programa ofrecerá, o martes, 12 de marzo, a súa primeira unidade titulada Profissionais dá área assistencial e dá saúde: serviços sociocomunitários e humanitários, profissionais dá área dá saúde. Cumprimentar e despedir-se. A identidade. Descrever partes do corpo. Exames. O martes, 26 de marzo, tocará a segunda unidade, titulada Descrever doenças comuns e vos seus sintomas. Intensidade. Falar de um e dous outros. A escrita do português: sibilantes e nasais. Dar direções e outras indicações. O tema do martes, 2 de abril, será: Falar de sentimentos e mostrar empatia. Ou comer e ou beber. A escrita do português: sibilantes e nasais.
Para o martes, 9 de abril. Lçopez Lopez explicará o uso do teléfono: Falar ao telefone. Pergunta e resposta. Marcar uma consulta. Descrever lesões e moléstias. A escrita do português: sibilantes e nasais. E o martes, día 23 de abril, tratarase acerca das Atividades do dia a dia. Ou tempo e ou ritmo. Recomendações de saúde geral. Recomendar e dar instruções. A receita, ou texto escrito.
En canto á inscrición, os estudantes que non sexan da UNED teñen que enviar copia de matrícula do curso vixente ao correo: cursos@ourense.uned.es . Os demandantes de emprego deben enviar certificado da devandita situación ao correo: cursos@ourense.uned.es e as persoas con discapacidade enviarán copia da tarxeta da Xunta ou do recoñecemento da mesma. As prazas están limitadas a 20. Este curso foi declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta.
Os prezos da matrícula son de 80 euros a ordinaria, de 40 a de alumnos con discapacidade e desempregados; 60 os alumnos da UNED e Uvigo, ademais delos estudantes de ciclos de FP.
O director do curso é Francisco Xavier Frías Conde, profesor de Portugués na Facultade de Filoloxía da UNED. A coordinadora é María Concepción Álvarez Gómez, secretaria do Centro UNED de Ourense e Profesora Titora UNED Ourense
Non son necesarios coñecementos previos. Esta introdución usa como exemplos documentos textuais e audios do ámbito da saúde, asistencial ou humanitario. O curso terá un nivel equivalente a un A2.( MCER). Os obxectivos son:
Comprender conversacións básicas do ámbito.
Describir oralmente ou por escrito temas concretos e situacións do ámbito.
Ler un texto con certa corrección.
Coñecer o vocabulario máis básico do ámbito e da vida diaria.
Pronunciar os sons básicos do portugués europeo.
Escribir correspondencia informal.
Manter unha conversación telefónica.
O curso ten 30 horas de formación: 15 presenciais (5 sesións de 3 horas semanais) e 15 horas de formación online onde os alumnos recibirán material complementario con exercicios a realizar en casa e o seu posterior envío ao profesor.
O sistema de avaliación consistirá en realizar unha proba de monólogo e diálogo de expresión oral en situación. Por grupos de 2 elaboran un texto escrito en que se describa o seu ámbito laboral e as súas rutinas diarias comparándoas (200 palabras). Email. Patrocina a Deputación Provincial de Ourense, colaboran o Concello de Verín e a Consellería de Sanidade .