Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED organiza desde Ourense un curso para afondar e analizar a Discriminación do Maior: conceptualización e prevención

27 de marzo de 2021

Esta iniciativa será virtual, o prazo de matrícula acabará o 6 de abril e foi declarada de interese sanitario pola Xunta

OURENSE, 27 de marzo de 2021.- UNED Ourense abre matrícula ata o 6 de abril para o curso de Extensión Universitaria: Discriminación do Maior: conceptualización e prevención, que se vai desenvolver os días 9, 16, 23 e 29 de abril e 7 de maio en horario de 16.30 a 20.30 horas. Trátase dun curso virtual que se pode seguir en directo ás mencionadas horas ou en diferido, coas ligazóns á gravación das sesións que os matriculados recibirán. A carga lectiva é de 20 horas (1 crédito ECTS para a UNED) e para optar ao diploma hai que realizar un traballo final do cal informarán os docentes ao comezo do curso. Vai destinado a profesionais sanitarios, titulados en Dereito, Psicoloxía e Traballadores e Educadores Sociais e todos aqueles en xeral interesados en profundar no problema da discriminación do maior. Esta actividade foi recoñecida de interese sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Os prezos da matrícula son os seguintes: 45 € (ordinaria), 35 € (estudantes e colexiados) e 25 € (demandantes de emprego).

O programa do curso é o seguinte:

  • venres, 9 de abril
    • 16:30-20:30 h. Módulo 1: Aproximación ao tema da vellez e o envellecemento. Os dereitos dos maiores 

      • A vellez como constructo social • A discriminación por razón de idade: introducción ao ageismo. • Protección xurídica das persoas maiores desde a perspectiva dos dereitos humanos

      • Ángel Alfredo Martínez Ques, enfermeiro no PAC de Castro Caldelas e doutor en Dereito pola UNED. Membro da Academia de Enfermeiría.
  • venres, 16 de abril
    • 16:30-20:30 h. Módulo 2: Estereotipos e prexuizos cara as persoas adultas maiores

      • Aspectos sociodemográficos • Factores Psicosociais • Estereotipos, prexuizos e discriminación. • A discriminación da muller maior • A discriminación múltiple

      • Miriam Vázquez Campo, enfermeira. Doutora en Psicoloxía. Profesora Titular de Fisioloxía na E.U de Enfermeiría de Ourense (Universidade de Vigo).
  • venres, 23 de abril
    • 16:30-20:30 h. Módulo 3: A discriminación do adulto maior na sociedade

      • Metodoloxías que levan implícitas a discriminación • Linguaxe e estereotipos • Distribución de recursos • Propostas e solucións prácticas de prevención da discriminación

      • Ana María Gómez Gómez, enfermiera. Mestrado en Xestión Sanitaria.  Unidade de Calidade do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
  • xoves, 29 de abril
    • 16:30-20:30 h. Módulo 4. A discriminación sanitaria no adulto maior

      • Discriminación nos cuidados ao final da vida • Discriminación en Medicina Intensiva • Discriminación en Oncoloxía • Discriminación na investigación biomédica. • Maltrato e violencia

      • Yago Mouriño López, médico especialista en Medicina Interna.  Servizo de Medicina Interna. Hospital Comarcal Valdeorras.
  • venres, 7 de maio
    • 16:30-20:30 h. Módulo 5. Casos prácticos

      • Resolución de casos prácticos. • Este módulo incluirá tarefas e exercizos  para realizar en casa.

      • Yolanda Maroño Souto, licenciada en Psicoloxía. Psicóloga clínica.  Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Este curso está dirixido por José María Failde Garrido, doutor en Psicoloxía e Profesor Titular da Facultade de Educación (Universidade de Vigo) na Área de Personalidade, Evaluación e Tratamentos Psicolóxicos. Dea coordinación se encarga Miriam Vázquez Campo.

UNED Ourense

Comunicacion

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es