Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED ofrecerá catro novos cursos en Ourense e Verín que contan co certificado de interese sanitario concedido pola Xunta de Galicia

19 de noviembre de 2018

Abrirase matrícula para dous de mindfulness, un de intervención con reclusos e outro de portugués no eido social e sanitario

OURENSE, 19 de novembro de 2018.- O Centro Asociado á  UNED en Ourense-Aula Universitaria da Rúa,  conta coa cualificación de interese sanitario para catro novos cursos de extensión nos próximos meses que, sumados aos xa desenvoltos desde o ano 2016 sumarán 17 en total. Aparte do interese sanitario oficial que ten o curso que se está celebrando en Barbadás sobre Violencias Machistas: Aspectos socio-estruturais e intervención profesional, tamén o terán os  previstos para os primeiros meses do ano 2019: Introdución ao  mindfulness (atención plena) para o seu uso en docentes e profesionais sociosanitarios, que terá lugar en Ourense; a segunda edición do Curso sobre metodoloxía e intervención con persoas recluídas, que tamén se desenvolverá na cidade, ou a nova edición do xa coñecido curso Introdución ao  mindfulness (atención plena) para o seu uso en docentes e profesionais sociosanitarios, que se realizará en Verín. 

Desde o ano 2016 celebráronse dez cursos de extensión universitaria coa categoría de interese sanitario, concedida pola Xunta. Tales cursos foron os seguintes: Estratexias na prevención de  recaidas no consumo do alcol, celebrado en Ourense, e o do Vínculo humano-animal: os animais como facilitadores  psicoeducativos e terapéuticos, desenvolvido no Carballiño. Ambos os dous celebráronse neste ano. Outros foron os titulados: Envellecemento Activo e Saudable. Intervención Combinada de Actividade Física e Mental para paliar o Declive Funcional Asociado á Idade, que tivo como escenario Castrelo de Miño en outubro do 2017; Violencia contra as mulleres. Ámbitos de intervención profesional, desenvolto no  Carballiño, en novembro de 2017; Actualización en intervención en persoas maiores: modelos vixentes de diagnóstico e intervención, celebrado na Rúa en xuño do 2017. Interese sanitario tivo de igual modo o curso da  UNED de Inglés para persoal sanitario, realizado en Ourense en abril do ano pasado. 

A mesma consideración tiveron os cursos:  Metodoloxía de intervención con persoas recluídas, celebrado en Ourense   en marzo do 2017; o de Saúde mental en persoas maiores: diagnóstico e intervención integral, que se desenvolveu na Rúa a finais do ano 2016; o de Violencia de xénero: realidade xurídica, realidade social, en Ribadavia en novembro do 2016; tamén o curso de Envellecemento Activo e Saudable. Intervención Combinada de Actividade Física e Mental para paliar o Declive Funcional Asociado á Idade, edición desenvolta en Ourense, en outubro do mesmo ano. Interese sanitario tivo tamén o curso Actuacións sanitarias ante a violencia de xénero, que se desenvolveu na vila valdeorresa da Rúa en marzo do 2016.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es