OURENSE, 30 de novembro de 2021. A Denominación de Orixe Ribeiro é a máis antiga de Galicia (ano 1932). A variedade de uva por excelencia do Ribeiro é a Treixadura. O viño branco representa aproximadamente o 93% do viño Ribeiro producido. Este viño salienta pola súa frescura, lixereza e pola súa condición de seco, e ten un sabor afroitado, unha cor palliza pálida e moito corpo. Posúe unha acidez fixa elevada, e a súa graduación alterna entre os 9,5 e os 13 graos.
Os viños da variedade Treixadura son elegantes e aromáticos en boca, e frutais e florais en nariz. O seu contido alcohólico equilibra a acidez, polo que resultan frescos, untuosos e sabrosos. Unha das características positivas dos viños con alta porcentaxe de Treixadura é que evolúen positivamente, polo menos ata dous anos logo da vendima. Por elo UNED Ourense vai desenvolver o curso Os viños brancos do Ribeiro, os días 10 e 11 de decembro na Adega Ramón do Casar, en Castrelo de Miño. Consta de seis horas lectivas presenciais.
Programa
O venres, 10, de 18.00 a 21.00 horas, Pablo Estévez Meléndez, enólogo e enxeñeiro Técnico Agrícola (Universidade de Vigo), vogal da Asociación Galega de Enólogos, falará das castes tradicionaiis: Treixadura, Godello, Albariño, etc. Centrándose nas castes ancestrais minoritarias, parcelas e viños, rematando a sesión cunha cata de castes e viños parcelarios.
O sábado, día 11, desde as 10.00 ata as 13.00 horas, Luis José López Paadin, autor da Guía de Vinos de Galicia e Persoeiro do Ribeiro 2021, intervirá nunha sesión de historia e patrimonio, falando dos ribeiros, climas e chans, para logo facer unha cata de viños por vales, una segunda cata de viños por elaboracións e outra de colleitas pretéritas.
As prazas son limitadas, pois só se establecen 17. A matrícula é ordinaria, é decir, única de 30 euros.
Patrocina Urbalia XXI, colaboran o Concello de Castrelo de Miño e a Adega Ramón do Casar. Imparte Paadín Eventos.
Este curso impacta co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible:
UNED Ourense
Comunicación