OURENSE, 10 de setembro de 2022. En canto a Ciclos Formativos de Grao Superior, a UNED, coa súa extensa experiencia en formación superior e en colaboración con diferentes entidades, ofrece dentro de su amplia oferta educativa, a posibilidade de cursar os estudos cos que obter o título de Formación Profesional de Grao Superior. Así a universidade resposta ás necesidades de quen necesita conseguir determinadas competencias profesionais e que non conta cun centro cercano ao seu lugar de residencia. Esta formación será en liña e con exames presenciais en Buitrago (Madrid).
A estrutura modular dos estudos ofrece uns itinerarios que conducen á obtención das titulacións de Técnico Superior de Educación Infantil ou de Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos na Rede. A vantaxe dos dous programas modulares é que permiten cursarse a un por ano ou simultáneamente dous por ano, de forma que é o estudante quen elixe a carga lectiva que pode asumir con éxito.
Os títulos de Formación Profesional foron desenvolvidos por un equipo de traballo formado por profesionais da UNED e da Institución educativa Gredos San Diego Cooperativa, que conta cunha experiencia educativa de 30 anos. O plan de estudos e a organización dos módulos é a mesma que se fose unha formación presencial, incluíndo o periodo de Formación nos Centros de Traballo e o Proxecto fin de Grao, pero a metodoloxía e os medios didácticos adaptanse á formación en liña no que a UNED é líder. Os estudantes contan tamén en todo momento cun titor cuxo labor é fundamental para o seguemento das aprendizaxes, proporcionando o acompañamento, o estímulo e as estratexas didácticas de autoaprendizaxe, para que cada estudante poda superar os contidos.
Os estudantes que aproban con éxito os diferentes programas modulares reciben unha doble titulación, o título de Técnico Superior e o Diploma de Experto Profesional expedido pola UNED.
O prazo de preinscrición para cursar os estudos na UNED para a obtención dos títulos de Técnico Superior de Educación Infantil ou de Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos na Rede, está aberto ata o 30 de setembro e o prazo de matriculación termina o 16 de outubro de 2022.
Programa de Preparación ás probas de acceso a Formación Profesional Superior
A UNED facilita o acceso a aquelas persoas que desexan facer un Ciclo Formativo Superior cun programa preparatorio orientado a superar as probas de acceso, tanto da parte común como da parte específica, que organizan as distintas comunidades autónomas, da opción de Humanidades e Ciencias Sociais (Economía da Empresa e Xeografía).
Este curso impártese con metodoloxía en liña. Inclúe exercizos e actividades avaliables, e está asistida por un titor que se encarga de acompañar ao estudante durante o seu proceso de aprendizaxe. A duración do programa é do 1 de outubro de 2022 ao 30 de abril de 2023 e inclúe os módulos de: Lingua Castelá e Literatura, Inglés, Historia de España, Fundamentos de Matemáticas, Economía da Empresa e Xeografía.
O prazo de matriculación para estudar na UNED o programa de preparación para as probas de acceso a Formación Profesional Superior termina o 15 de outubro.
As probas de acceso aos Ciclos Formativos Superiores enmárcanse en tres categorías: Humanidades e Ciencias Sociais, Ciencias e Tecnoloxía. A UNED ten previsto nun futuro incorporar ao programa modular o resto dos módulos preparatorios, para as outras dúas opcións específicas da proba de acceso.
Convalidación dos créditos obtidos en Ciclos Formativos de Grao Superior para estudar un Grao universitario.
Estudar un Ciclo Formativo de Grao Superior da acceso á educación universitaria, pero tamén permite convalidar materias da carreira cuxo contido foi superado durante os estudos de Formación Profesional.
Para aqueles estudantes que obtiveron o título de Grao Superior de Educación Infantil e que desexan continuar a súa formación na universidade co Grao en Educación Infantil, poden convalidar cinco asignaturas, tamén o Prácticum 1 (as prácticas do teceiro ano).
Pola súa parte, os estudantes que se formaron como Técnicos Superiores en Administración de Sistemas Informáticos na Rende, e que desexan continuar os seus estudos, poden convalidar dúas materias e 18 ECTS de materias optativas en dous Graos, O de Enxeñería Informática e o de Enxeñería en Tecnoloxías da Información.
UNED Ourense
Comunicación