OURENSE, 22 de novembro de 2024. Volve a divulgación científica da UNED para escolares. Esta vez a protagonista será a Química os días 28 e 29 de noviembro, en catro centros educativos: IES Ferro Couselo e IES 12 de Outubro na mañá do xoves 28, e, para a mañá do venres, 29, os obradoiros chegarán aos colexios Guillelme Brown e Miraflores, pois ambos teñen un acordo coa nosa universidade para este tipo de accións. A actividade nesta ocasión titúlase Tira á ruleta, xogamos coa química?, e deseñaronse co obxectivo de dar a coñecer os contidos dos elementos químicos da táboa periódica e algúns experimentos nos que están involucrados, así como a contribución desenvolvida por algunhas mulleres científicas, a estudantes de 3º e 4º Eso e Bachalerato. Todo elo dunha maneira lúdica e creativa.
O proxecto baséase en traballos previos dun equipo multidisciplinar de profesores das Facultades de Educación e de Ciencias da UNED, e da Facultade de Comunicación da Universidade de Zaragoza, que desenvolveron dous MOOOcs, no ano 2020, dentro do marco do proxecto de Divulgación Científica ¡MOOC! ¡MOOC! Química Made in Spain, financiado por FECYT, un deles premiado co V Premio polas boas prácticas en igualdade da UNED, e cuxos contidos están ao dispor de toda a comunidade universitaria. A actividade ten como fío condutor o tema da táboa periódica e proponse un obradoiro científico no que os estudantes xogarán á ruleta. Segundo que opción salga, terán que volver tirar á ruleta e a casilla resultante será explicada polos científicos. O azar encargarase de que se incida nuns conceptos ou outros, existindo tres categorías:
Tirarase varias veces á ruleta e polo menos explicaranse dous conceptos de cada categoría.
Para finalizar a actividade, os alumnos xogarán a un Kahoot, que lles axudará a afianzar os coñecementos adquiridos de forma aínda máis divertida.
Finalidade e obxectivos
O fin da actividade é achegar a Química ás aulas dos colexios, para facer conscientes aos máis novos do importantes, necesarios e á vez, próximos, que poden ser os científicos, todo iso dunha maneira lúdica e moi participativa. Os obxectivos principais son os seguintes:
Descrición da actividade
A actividade desenvolverase nas aulas dos colexios ás que se desprazará o equipo de científicos. A actividade iníciase cunha charla introdutoria sobre a táboa periódica e a súa evolución ata chegar á que coñecemos actualmente. De seguido, un dos escolares pulsará unha ruleta interactiva, na que hai recollidas varias casas con tres categorías: elemento químico, muller científica e experimento químico. Segundo salga unha casa ou outra, o mesmo ou outro alumno tirará entón á correspondente ruleta, para ver que casa haberá que explicar e desenvolver finalmente.
Son catro as ruletas interactivas que hai que pulsar:
Unha vez explicado por parte dos investigadores, o elemento químico ou a muller científica, ou realizado o experimento que saíse na ruleta, dunha maneira interactiva na que os alumnos participarán de modo activo, volverá tirar á ruleta principal, para seguir xogando e explicando outras categorías. Preténdese que, durante o desenvolvemento da actividade, explíquense polo menos dous conceptos de cada unha das tres categorías.
A actividade finaliza coa participación de todos os estudantes nun Kahoot de doce preguntas, que lles axudará a afianzar os coñecementos adquiridos de forma aínda máis divertida.
A actividade está pensada para desenvolverse nun tempo comprendido entre 60 e 75 minutos.
Materiais para o desenvolvemento da actividade
O material fundamental para desenvolver gran parte da actividade son presentacións de Power Point, xa elaboradas polos membros do equipo solicitante. En concreto, hai catro presentacións:
Estudantes de 3º-4º ESO e Bacharelato.
Viabilidade da proposta
Esta actividade foi realizada previamente nas datas do 15 e 22 de decembro de 2020. Ademais, realizouse de modo presencial en varios centros:
As investigadoras participantes presentan, unha ampla experiencia en divulgación científica, participando en proxectos FECYT: O Sorriso de Minerva, Festival: ciencia para a mocidade na UNED, Experimentos sinxelos para nenos, Isto chéirame a ciencia e MOOC! MOOC! Química Made in Spain. Desde hai 15 anos participan na Semana da Ciencia e en “A noite dos investigadores” e acoden a Centros Escolares.
Investigadores que participan na iniciativa
María Luisa Rojas Cervantes, Catedrática de Universidade. Departamento de Química Inorgánica e Química Técnica. Facultade de Ciencias. UNED.
Sara Osuna Acedo, Catedrática de Universidade. Departamento de Didáctica, Organización escolar e Didácticas especiais. Facultade de Educación. UNED.
Rosa María Martín Aranda, Catedrática de Universidade. Departamento de Química Inorgánica e Química Técnica. Facultade de Ciencias. UNED.
"Volvemos coa divulgación científica ao mundo escolar, a UNED achégase unha vez máis para sementar vocacións científicas nos escolares e transmitir coñecemento. Unha acción noble para alongar as fronteiras do saber", sinala o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz.
UNED Ourense
Comunicación