Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Consellos para os exames da convocatoria maio-xuño

16 de mayo de 2023

Maio e xuño son meses de exames na UNED. O luns 22 de maio comeza a primeira semana de probas presenciais, polo que é convinte estar preparados para este segundo período de avaliación do curso académico 2022-2023.

OURENSE, 16 de maio de 2023. Como é habitual, o segundo período de exames estructurase en dúas semanas de probas presenciais que aparecen sinaladas no calendario académico. As datas do período de exames de maio e xuño son as seguintes:

  • Do 22 ao 27 de maio (primeira semana de probas presenciais)
  • Do 5 ao 9 de xuño (segunda semana de probas presenciais)

Se tes calquer dúbida, sobre o calendario de exames dos estudos que estás cursando, consulta a seguinte páxina web para confirmar as datas de cada convocatoria (febreiro, xuño e setembro). Podes consultar o calendario académico na seguinte ligazón. Ten en conta que durante a semana intermedia entre as probas presenciais non haberá titorías.

Algúns consellos sobre como examinarte na UNED

Para a realización de exames presenciais, a UNED aplica os seguintes criterios xerais comúns para estudos de Grao e Mestrado:

Entrada á aula

  • Acude ao centro de exame 30 minutos antes do inicio da sesión.
  • Presenta ao tribunal a túa identificación (carné de estudante e DNI ou pasaporte). Se non tes o carné de estudiante, contacta co teu centro asociado.
  • A túa ubicación na aula está indicada na folla de cabeceira do teu exame. 

Durante a sesión

  • Lé atentamente as instruccións do exame. 
  • Completa todos os teus datos en todas as follas que empregues. 
  • Non escribas no reverso da folla de cabeceira do exame.
  • Únicamente poderás ter sobre a mesa o material permitido indicado no exame. 
  • Está prohibido o uso e tenencia de calquer dispositivo electrónico (móbiles, tabletas, smartwatches), que deberán estar apagados e fora do alcance, así como o material non permitido sinalado no exame. 

Entrega do exame

  • Poderás entregar o teu exame 30 minutos despois do comezo da sesión, unha vez así o indique o tribunal.
  • Revisa o exame na súa integridade. A folla de cabeceira debe ir en primeiro lugar. Anota na mesma o número de follas entregadas.
  • Mostra ao tribunal a túa identificación.
  • Fai a entrega en silencio, respectando aos compañeiros.
  • A partires do día seguinte, terás dispoñible na Secretaría Virtual o certificado de asistencia.

Máis información

  • Secretaría del Aula UNED en A Rúa no  teléfono 988 33 60 38 ou no correo electrónico info@a-rua.uned.es.

Síguenos na web e nas redes

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es